PRODUTO LOCAL E ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA 2026
4 XUÑO, 2026
Participamos un ano máis na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra no recinto feiral de Silleda ata este domingo, 7 de xuño, cun programa de actividades para todos os públicos centrado na alimentación saudable, o consumo responsable e o produto de proximidade.
No noso espazo presentamos un completo programa de showcookings, obradoiros infantís e actividades informativas, co que reforzamos o noso compromiso coa divulgación de hábitos de vida saudables e o apoio aos nosos produtores locais.
Showcookings con produto local
Organizamos showcookings coa participación das creadoras gastronómicas galegas Lola Crespo (Ñamlicioso / Frambuesa y Caramelo) e Carmen Albo (Guisándome la vida), que elaboran receitas sinxelas, creativas e con ingredientes de proximidade.
Cada sesión, de 45 minutos e cun aforo limitado a 28 persoas, inclúe degustación de pratos, material con receitas e explicacións sobre a orixe dos produtos empregados.
Entre as propostas gastronómicas destacan o salpicón de polbo, os tacos de lagostinos con mango e aguacate, os xeados flash de chocolate ou as papas aliñadas, entre outras elaboracións.
Educación alimentaria para os máis pequenos
Desenvolvemos o obradoiro infantil “Alimentes – Saúde e sostibilidade cos peques”, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos.
A través de actividades lúdicas e educativas, os participantes aprenden os principios dunha alimentación equilibrada baseada no “Plato Alimentes”, inspirado no modelo de Harvard, así como conceptos de consumo responsable e vida activa. Ao rematar, reciben material didáctico e un agasallo.
Premios e actividades no noso stand
Contamos tamén cun punto de información onde os visitantes poden coñecer as vantaxes da APP Gadis+, o programa Bebé Gadis e outras iniciativas como “Compartimos as receitas”, un certame que invita a recuperar receitas tradicionais transmitidas de xeración en xeración.
Ademais, incorporamos a xa tradicional ruleta de premios, un elemento emblemático da nosa presenza na feira, no que os visitantes poden participar e obter diferentes agasallos.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”