Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

O PROGRAMA ALIMENTES REGRESA ÁS AULAS PARA FOMENTAR O CONSUMO RESPONSABLE E A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

6 OUTUBRO, 2025

Imagen Noticia O PROGRAMA ALIMENTES REGRESA ÁS AULAS PARA  FOMENTAR O CONSUMO RESPONSABLE E A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Voltamos ás aulas co programa educativo Alimentes. Un proxecto xa consolidado que, cada curso escolar, amplía contidos para abarcar máis conceptos e incorpora novas experiencias ao redor dos temas que traballa de forma transversal: educación sobre nutrición; consumo responsable e consciente para evitar o desperdicio alimentario, o valor do desenvolvemento sostible a través da produción local e de proximidade; e o coidado do medioambiente.

O noso obxectivo é apoiar ás familias e á comunidade educativa para que os nenos e nenas de hoxe, que son os adultos do mañá, aprendan a comer ben e que, pouco a pouco, empecen a ser conscientes da responsabilidade que teñen ao elixir os alimentos, tanto para a súa saúde como para a do planeta. Cremos que a semente do cambio plántase durante a infancia.

Un propósito común que se plasma en Alimentes, con contidos desenvolvidos por profesionais, dirixidos a alumnos da 2ª etapa de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e Castela e León, e adaptados aos currículos oficiais nas materias de Ciencias Naturais, Sociais e Educación Física.

Aberto o calendario de visitas aos supermercados

Para completar a aprendizaxe virtual, a segunda parte do programa inclúe visitas presenciais aos Supermercados Gadis, para que os alumnos poidan ver de preto as diferentes seccións, especialmente as de produto fresco: peixaría, froitería e carnizaría, facendo fincapé en que os produtos frescos e de tempada son máis sostibles e saudables. Xa se poden xestionar tamén estas visitas no calendario dixital que a plataforma pon ao dispor dos docentes.

Atención á diversidade

Fomentar a inclusión e atender as diversas capacidades son dúas prioridades para Gadis, recollidas no noso programa de Responsabilidade Corporativa. Neste curso escolar tamén as poñemos en práctica con Alimentes, que incorporou e adaptou contidos para favorecer a accesibilidade a todos os nenos e nenas que teñen necesidades educativas especiais.

Catorce unidades didácticas e unha novidade: a compostaxe

Buscamos conectar cos estudantes a través da contorna dixital para a primeira fase do programa. Poderán seguir a cadea de alimentos de forma virtual desde a orixe, visitando unha lonxa, unha horta ou unha explotación gandeira; o almacén onde se gardan os produtos e as diferentes seccións dos supermercados. O foco ponse tamén no coidado do medioambiente, para que os nenos e nenas aprendan, de forma sinxela e práctica, como evitar o desperdicio alimentario e por que é importante coidar os recursos naturais e protexer o planeta.

En liña coa importancia que lle damos á conservación da contorna e, para axudar a espertar a conciencia ambiental, outra das novidades é unha unidade didáctica sobre a compostaxe, moi experiencial para que os estudantes exploren as súas propias habilidades se o levan a cabo. En total, son 14 unidades con textos, vídeos, fichas interactivas e xogos para impulsar unha aprendizaxe divertida. Inclúese tamén a do Prato Alimentes, na que explicamos as porcións e categorías adecuadas dos alimentos que hai que introducir nos menús equilibrados segundo a recomendación do Prato de Harvard.

Gadis, comprometida coa educación de calidade

Desde fai máis de vinte anos, afianzamos o programa Alimentes como un recurso educativo de calidade, que complementa o labor de docentes e familias para fomentar un estilo de vida activo, saudable e sostible. Só no curso 2024-2025, este plan chegou a máis 26.500 nenas e nenos de Galicia e Castela e León. Finalizar o itinerario interactivo ten premio: un kit do Prato Alimentes e a posibilidade de participar no sorteo de 5 packs de tablets entre todos os colexios.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha