O NOSO CONCURSO ACADA UN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN: 2.585 MICRORRELATOS
10 SETEMBRO, 2025
Xa temos gañadores do VI Concurso de Microrrelatos que, nesta edición, convocamos con “O destino” como tema principal. Un certame que bateu outra vez un novo récord de participación con 2.585 textos breves recibidos desde 31 provincias diferentes. Son cincocentos relatos máis que na convocatoria anterior.
O Concurso de Microrrelatos de Gadis consolidouse como referente en talento e creatividade coa escritura entre voces anónimas. O amplo abanico de idades dos concursantes, entre os 14 e os 92 anos, reflicte que esta iniciativa fomenta a cultura para todos, un dos propósitos do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa. Unha vez máis, a participación superou as expectativas. A nosa maior satisfacción é ver como este concurso é interxeracional e inclusivo, con públicos de todas as idades. Un espazo de encontro cultural que crece en cada edición.
Autenticidade e calidade dos microrrelatos
O xurado destaca a autenticidade e a calidade dos microrrelatos e, ademais dos tres gañadores, seleccionou un total de 87 finalistas. Proximamente editaremos unha recompilación con todos, que tamén poderá ser descargada na web www.gadismicrorrelatos.com para unha maior visibilidade e alcance.
Baixo o título El remitente, Jorge Pérez de Mata (Valladolid) levouse o primeiro premio, cun Ebook e un cheque por valor de 100 euros como agasallo. No fondo da súa historia, o convencemento de que ninguén escapa ao seu destino: Cada mañana, Otto recibía una carta idéntica: "Hoy tampoco escaparás". No sabía quién la enviaba ni cuándo comenzó todo. Al principio se reía. Luego dejó de salir. Intentó no abrir el buzón, pero las cartas aparecían bajo la almohada, en los cajones, dentro del pan. Consultó abogados, curas, relojeros. Nadie comprendía. Una noche, soñó que quemaba todas las cartas; al despertar, ardía su cama. Desnudo, huyó al sótano y allí encontró una máquina que imprimía, incansable: "Hoy tampoco escaparás". La desenchufó. Nada cambió. Solo entonces comprendió que el destino no se escribe: se reimprime. Y siempre lleva su nombre”.
O desexo de cambiar o reiterativo final das lecturas infantís levou a María do Eugenio Iglesias Ageitos (Porto do Son, A Coruña) a acadar o 2º premio: un libro electrónico e un cheque por valor de 50 € como agasallos. No seu microrrelato Un remate que deixe marca e non saia voando... lanza unha clara petición: Eu son unha cativa de oito anos e nunca comín perdices. Pode facer vostede, señor narrador, que as personaxes dos contos rematen saboreando onzas de chocolate?
"Na casa o caldo con unto non era só prato, era costume". Así comeza microrrelato Caldo tres veces ó día, de María José Fernández Folgueira (Ortigueira, A Coruña), que logrou o terceiro premio: un ebook.
Compromiso de Gadis coa cultura e o fomento da lectura
O Concurso de Microrrelatos de Gadis forma parte do noso compromiso coa cultura e o fomento da lectura, ofrecendo un espazo para a expresión creativa e a conexión coa comunidade. Tamén cabe destacar o noso apoio ao labor editorial, xa que editaremos 12.000 exemplares da recompilación de microrrelatos, que se suman aos máis de 60.000 publicados en edicións anteriores e aos case 400.000 libros do Día das Letras Galegas nos últimos anos.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”