Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

O DEPORTE COMO MOTOR DE CAMBIO SOCIAL, NO 5º FORO GADIS COAS ONG

20 MARZO, 2025

Imagen Noticia O DEPORTE COMO MOTOR DE CAMBIO SOCIAL,  NO 5º FORO GADIS COAS ONG

O papel do deporte como ferramenta de integración e motor do cambio social foi a temática elixida no 5º Foro Gadis coas ONG. O evento busca fomentar a colaboración entre a empresa e asociacións para que, desde o diálogo e o intercambio de experiencias persoais e colectivas, continuemos achegando respostas aos retos que expón a sociedade actual. Nesta edición, volvemos a reunir a máis de 200 representantes de organizacións de Galicia e Castela e León ás que prestamos apoio. O encontro desenvolveuse en formato mixto: en liña e presencial, no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) de Oleiros (A Coruña).

A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, explicou que o noso compromiso co deporte como ferramenta para a integración parte do propósito de aumentar o impacto positivo na contorna. Apoiando proxectos e a entidades que traballan neste ámbito estamos a contribuír a derrubar barreiras e a conectar persoas con diferentes capacidades, orixes e condicións socioeconómicas, fomentando a igualdade de oportunidades, o desenvolvemento persoal e a inclusión social de diversos colectivos.

Tres charlas e unha mesa redonda

A Fundación Emalcsa, representada pola subdirectora xerente Bettina Kohlhaas, detallou as actividades que desenvolven no seu Programa de Deporte Solidario e Inclusivo, coa colaboración de Gadis. O obxectivo é impulsar a plena integración de persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social mediante a práctica de actividade física e a cultura.

A continuación, tomaron a palabra representantes de dúas entidades que cooperan coa Fundación Emalcsa a través do citado programa. Juan Hernández, en nome da Escola de Tenis Marineda, falou sobre o proxecto “Todos ao tenis e ao pádel”, que fomenta a igualdade de oportunidades e a integración a través do deporte.

Por parte da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña, o seu presidente, Santiago Togores, profundou no plan que lles permite realizar actividades de equitación adaptada e natación, entre outras modalidades, para diferentes entidades de atención a persoas con discapacidade.

A carreira pola diversidade de Ambar

José Ramón Figueroa, responsable da área de Deportes Asociación Ambar, participou nun diálogo sobre a Carreira pola Diversidade que organiza a institución co noso apoio. Esta iniciativa ten o propósito de visibilizar e promover a inclusión real e efectiva das persoas con diversidade funcional e fomentar valores como a participación, a convivencia e a accesibilidade de todas as persoas.

Experiencia persoal: Desirée Vila

O emotivo relato da deportista paralímpica galega Desirée Vila puxo o punto e final á xornada. Unha historia persoal marcada polo seu futuro prometedor como ximnasta truncado por unha neglixencia médica. Todo un exemplo de superación que agora cultiva éxitos no deporte adaptado e que ten como lema que “O único incurable son as ganas de vivir”.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha