Máis de 200 maiores participaron nos obradoiros de cocina nos que colaboramos co Grupo Nove
1 DECEMBRO, 2024
Nos unimos ó Grupo Nove, FAMYC y Afundación para participar nos obradoiros que se celebraron este luns 2 de decembro en oito cidades galegas de forma simultánea. Baixo o título ‘Cociña +60. Receitas de vida’, estes obradoiros contaron coa participación de cociñeiros do Grupo Nove que suman 14 estrelas Michelin e 28 soles Repsol.
O obxectivo desta acción foi mostrar ás persoas maiores que viven solas como elaborar un menú saudable e equilibrado gastando poucos cartos, aproveitando ao máximo a súa compra, ensuciando o menos posible e sen necesidade de dedicarlle moito tempo.
Os Espazos +60 de Afundación en A Coruña, Lugo, Monforte, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo acolleron estos obradoiros co obxectivo de facilitar o día a día as persoas maiores, achegándoas, ademais, unha serie de consellos para evitar intoxicacións e para a boa conservación dos alimentos.
Unha das cidades onde se puido desfrutar da cociña de NOVE foi Vigo, onde Alberto G. Prelcic (Silabario) preparou, entre outras cousas, un potaxe de vixilia; en Monforte, Álvaro Villasante (Paprica) e María Varela (A Parada das Bestas) ensinaron o bo aproveitamento dunha pescada; na Coruña, Javier Rodríguez “Taky” (responsable do catering Boketé) e Iván Domínguez (NaDo) centraron parte do seu menú na boa utilización das patacas. En Santiago estiveron cociñando Lucía Freitas (A Tafona) e Juan Crujeiras (Bido); en Pontevedra, Rafa Centeno (Maruja Limón), en Ourense, Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, de Nova; en Pontedeume, Daniel López (O Camiño do Inglés) e en Lugo, Héctor López (España) e Antonio Botana (Ramonita).
Dende Gadis colaboramos co Grupo Nove e Fagal (Federación Alzhéimer Galicia) na edición do receitario ‘Os sentidos da Memoria’, un claro exemplo do noso compromiso coa sociedade.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”