LANZAMOS A 7ª EDICIÓN DE MICRORRELATOS
28 XUÑO, 2026
Xa está en marcha unha das citas culturais máis esperadas de Gadis: o concurso de microrrelatos, que celebra a súa sétima edición. Coincidindo co verán, invitamos aos participantes a plasmar as súas ideas ao redor de ‘Os cambios’ con relatos breves, de entre 3 e 100 palabras.
O noso obxectivo é celebrar a escritura mediante unha iniciativa inclusiva e aberta á participación de distintas xeracións. Queremos motivar tanto aos mozos como aos maiores a explorar a súa faceta máis creativa. Despois de seis anos de traxectoria, comprobamos que hai un enorme talento. Con esta acción, reafirmamos o noso compromiso co fomento da lectura e o acceso á cultura para toda a sociedade.
Prazo de inscrición e requisitos
O prazo para enviar as propostas permanecerá aberto ata o 16 de agosto. Quen desexe participar deberán encher o formulario dispoñible na páxina web https://www.gadismicrorrelatos.com/. Os requisitos son moi sinxelos: os textos han de ser orixinais e inéditos, non superar as cen palabras, estar asinados por persoas maiores de 14 anos e poden ser escritos tanto en castelán como en galego.
Inspiración e liberdade creativa
Á hora de seleccionar os relatos finalistas, o xurado avaliará criterios como a orixinalidade, a sensibilidade, a creatividade e a capacidade de síntese dos autores. Con “Os cambios” como eixo central, o enfoque das historias é totalmente libre: desde vivencias propias ou relatos realistas ata narracións de corte fantástico ou de ficción.
A inspiración pode nacer desas transformacións que marcan un antes e un despois, da propia evolución vital ou dos xiros inesperados que ás veces dá a rutina. Na web do concurso lanzamos as seguintes ideas: “A primeira folla que cae no outono. A primeira flor que brota na primavera. O laranxa do atardecer cando os días se empezan a facer máis longos. O nó no estómago do teu primeiro día de clase. A satisfacción de descubrir unha comida nova. O orgullo de ver aos teus conseguindo o que queren. A vida transcorre entre cambios e son estes detalles os que che acaban convertendo en quen es”.
12.000 exemplares dun libro de microrrelatos
Reuniremosas cen obras finalistas nun volume recompilatorio e imprimiremos un total de 12.000 exemplares, que distribuiremos de forma gratuíta nos supermercados de Galicia e Castela e León. Así mesmo, o libro contará cunha versión dixital descargable na web para dar unha maior visibilidade aos autores elixidos. Desde o lanzamento da primeira edición do concurso, xa editamos máis de 72.000 libros de relatos.
Premios para os gañadores
O xurado seleccionará tres gañadores, cuxos premios consistirán nun libro electrónico para cada un, alén dun cheque de 100 euros para o primeiro premio e outro por valor de 50 euros para o segundo.
Éxito de participación: máis de 10.000 relatos breves en seis edicións
Ao longo da súa historia, o concurso reuniu máis de 10.000 relatos breves, cun éxito de participación que aumenta cada ano. En 2025, participaron 2.585 propostas de 31 provincias diferentes. As temáticas foron evolucionando en cada edición, desde ‘O destino’ da primeira convocatoria, ata ‘Os cambios’, da actual, pasando por ‘Os encontros’, ‘Os descubrimentos’, ‘Os soños’, ‘A natureza’ e ‘Os inicios’.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”