IMPULSAMOS O TALENTO EMERXENTE COA EDICIÓN DE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS
30 OUTUBRO, 2025
Publicamos un libro que recompila os 90 microrrelatos finalistas e premiados, seleccionados entre os 2.585 que participaron no noso concurso, que este ano alcanzou a sexta edición e obtivo un novo récord de participación.
Gadis editou un total de 12.000 exemplares que, co título “El destino”, repartiranse de forma gratuíta en todos os puntos de venda de Galicia e Castela e León ata esgotar existencias este venres, 31 de outubro.
Reforzamos o noso compromiso coa promoción do talento emerxente, a creatividade e a difusión cultural. Nestas seis edicións, o concurso de microrrelatos reuniu a unha diversidade de autores, tanto pola súa orixe como pola disparidade de idades, converténdose en punto de encontro interxeracional. Este ano, os textos proceden de 31 provincias distintas. A idade dos participantes oscila entre os 14 e 92 anos.
Con esta acción, buscamos celebrar a cultura e fomentar o hábito de lectura entre os nosos clientes, ademais de dar visibilidade ao talento dos finalistas ofrecendo relatos de menos de cen palabras que enganchan desde a primeira liña. As historias abarcan diferentes xéneros nunha demostración de que a brevidade tamén pode resultar moi expresiva.
O libro editouse en formato peto, pensado para facilitar a súa lectura, e tamén está dispoñible en versión dixital co obxectivo de chegar a máis persoas. Pode descargarse en http://www.gadismicrorrelatos.com/.
Apoio á industria editorial
Esta acción é un exemplo máis do noso compromiso coa cultura, recollido no programa de Responsabilidade Social Corporativa e que nos levou a publicar máis de 500.000 libros.
OUTRAS NOVAS
REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85...
REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85 PROTECTORAS DE ANIMAIS
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDA...
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDADE DE VALLADOLID
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES