Gadis, premiada como mellor empresa de produtos alimentarios
6 NOVEMBRO, 2025
Gadis foi recoñecida, por segundo ano consecutivo, como a mellor empresa de produtos alimentarios pola Unión de Consumidores de Galicia, que nos outorgou o Premio Benfeito de Consumo nesta categoría, tras un exhaustivo proceso de avaliación e unha ampla participación cidadá, o que reforza o valor deste recoñecemento.
Na súa segunda edición, estes galardóns consolídanse como un recoñecemento ás empresas galegas que contribúen de maneira significativa ao desenvolvemento do tecido socioeconómico da comunidade, promovendo a calidade, a sustentabilidade e o compromiso coas persoas consumidoras.
Desde Gadis, recibimos este premio con orgullo, como un respaldo a unha das nosas principais sinais de identidade: poñer en valor o produto local. Unha aposta que impulsa a innovación, a sustentabilidade económica, social e medioambiental, e a consolidación dun tecido produtivo moderno e competitivo. Este é o noso compromiso, que parte do arraigamento ao territorio e dunha relación próxima coa comunidade galega.
A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, recolleu o premio das mans da conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha gala que reuniu na Cidade da Cultura a representantes do mundo empresarial, social e político. Estamos encantados con este recoñecemento e con que se forxe unha relación de colaboración e intercambio de experiencias entre as empresas galegas e as persoas consumidoras.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”