FOMENTAMOS O DEPORTE LOCAL CO APOIO ÁS CARREIRAS POPULARES
13 MARZO, 2025
Reforzamos o noso compromiso co benestar da comunidade a través da colaboración activa en carreiras populares e eventos deportivos de running que, a partir de marzo, empezan a celebrarse en diferentes localidades galegas. Este apoio ten como obxectivo impulsar a actividade deportiva no ámbito local, así como promover hábitos saudables.
O noso respaldo a estas carreiras ten un impacto directo na economía local ao atraer a miles de participantes e espectadores, ademais de servir de ferramenta para favorecer a cohesión social e potenciar a dinamización socioeconómica.
Este sábado arrinca en A Coruña o Circuito Coruña Corre, que cumpre a súa 12ª edición e consta de sete probas en diferentes localizacións da cidade ao longo do ano, ás que prestamos a nosa colaboración.
O patrocinio de eventos deportivos é unha extensión natural do vínculo de Gadis coa contorna. Unha cita emblemática en Galicia é o circuíto Correndo pola Costa da Morte, que xa organizou a primeira carreira en Camariñas e recalará tamén en Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Zas, Carnota, Cee, Muxía, Corcubión e Fisterra.
Correndo por Ourense, que tamén consta de varias citas coa nosa colaboración, chegará ao calendario deportivo no mes de abril. Para maio, está previsto que empece o circuíto de carreiras saudables Corresan, que animará as rúas de Santiago de Compostela con catro probas individuais e por equipos en distintas datas. Esta iniciativa encaixa á perfección co noso propósito de fomentar un estilo de vida saudable desde distintos ámbitos de actuación.
En Castela e León, un dos eventos que se celebrarán próximamente, e que patrocinamos, é Palencia Legua a Legua: catro probas de 5.572 metros noutras tantas localidades da provincia.
Compromiso cunha sociedade máis activa e saudable
Desde Gadis levamos anos apoiando numerosas carreiras populares, no desenvolvemento do programa de Responsabilidade Social Corporativa. Tomar a iniciativa neste ámbito responde á convicción de que a práctica deportiva é clave para mellorar a calidade de vida das persoas. Fomentar a participación nestes eventos non só impulsa que se realice actividade física, senón que tamén fortalece o benestar colectivo.
Só en 2024 colaboramos con máis de 30 eventos deportivos destas características, como a San Martiño de Ourense, a Carreira Pedrestre de Santiago, a Santyago 10k, Media Maratón de Vigo, a 15k Nocturna Nigrán, a Carreira popular do Concello de Cedeira e a San Xiao de Ferrol, as populares da Pobra, Arteixo, Betanzos, Chantada e Foz, a Carreira da Muller en A Coruña, a 21 lúas e media de Ponferrada e as San Silvestres de A Coruña, Vigo, Santiago, Ponteareas, Cambados, Ribadeo e Segovia, entre outras. Tamén apoia probas de obstáculos como o Poseidon Race ou o Desafío Boot Camp.
O noso compromiso co deporte é unha forma máis de contribuír a unha sociedade máis activa, saudable e conectada coa súa contorna.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”