ENTREGAMOS CON MONBUS OBRADOIRO 770 KG DE PRODUTOS AO ALBERGUE XOÁN XXIII
26 DECEMBRO, 2024
Entregamos co Monbus Obradoiro CAB 770 quilogramos de alimentos non perecedoiros no Albergue Xoán XXIII de Santiago de Compostela, con motivo do partido solidario que disputaron o equipo santiagués e o Fuenlabrada o pasado 14 de decembro, no Multiusos Fontes do Sar da capital compostelá.
Desde Gadis doamos 5 quilogramos de produto por cada punto anotado no encontro, independentemente do equipo que se apuntase a canastra. O taboleiro do 12º Partido Solidario Gadis finalizou con 154 puntos (75 puntos o Monbus Obradoiro e 79 puntos o Fuenlabrada), polo que o Albergue Xoán XXIII, institución que desenvolve un relevante labor social en Santiago atendendo a colectivos vulnerables, recibiu un total de 770 quilos nesta ocasión.
No acto de entrega participaron por parte do Monbus Obradoiro CAB Rafael Silva, membro do consello de administración, Hector Galán, director xeral, e os xogadores Alonso Grela e Pablo Harguindey. Por parte de GADISA Retail, o responsable de Relacións coa Sociedade, Miguel Freire e pola do Albergue Xoán XXIII o seu director Fray Miguel de la Mata Merayo.
O compromiso de Gadis coa solidariedade e o deporte
Poñemos en marcha esta iniciativa no marco do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, no que a solidariedade e o apoio ao deporte nas súas diferentes modalidades son dous dos ámbitos de actuación máis destacados en beneficio de toda a sociedade.
Desde a posta en marcha do Partido Solidario Gadis en colaboración co Monbus Obradoiro CAB, doamos en total máis de 7.500 quilogramos de produtos para axudar a cubrir as necesidades de colectivos desfavorecidos.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”