ENSINAMOS OS SEGREDOS DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE A PRETO DE 25.000 ESCOLARES
5 MARZO, 2025
O noso programa segue tendo un relevante impacto educativo en Galicia e Castela e León, con preto de 25.000 estudantes participando durante este curso escolar. O obxectivo principal do plan é fomentar hábitos de alimentación saudable e sostible, ensinando aos nenos e nenas a identificar os alimentos adecuados e a comprender a importancia da dieta equilibrada desde a infancia.
A primeira fase do programa céntrase nas aulas, onde se traballan os contidos interactivos que ofrece a plataforma Alimentes Dixital. O foco ponse agora no calendario de visitas aos supermercados para que os estudantes, acompañados de monitores formados en nutrición e educación ambiental, percorran as diferentes seccións dos puntos de venda, con especial atención ás de produto fresco: peixaría, carnicería, froitas e verduras, lácteos etc. A clave é mostrar cales son as opcións máis saudables e sostibles que teñen ao seu alcance, facendo fincapé nos produtos locais e de tempada, e no apoio aos provedores de proximidade.
O propósito é que poñan en práctica os coñecementos teóricos sobre alimentación saudable, desenvolvemento local e produción sostible, consumo responsable e desperdicio alimentario. Son os catro eixos sobre os que se vertebra Alimentes, adaptado aos currículos oficiais da segunda etapa de Educación Infantil e Primaria de ambas comunidades autónomas, e vinculados ás materias de Ciencias Naturais e Sociais, así como á Educación Física.
Alimentes Dixital: 13 unidades didácticas
A plataforma dixital https://www.gadis.es/alimentes/ segue operativa para que docentes e alumnos poidan continuar traballando ata o fin do curso escolar nas súas 13 unidades didácticas. Textos, vídeos e fichas interactivas baseadas na cadea dos alimentos desde a orixe: lonxa, agro, gandería, almacéns, chegada á tenda, froitería, peixaría, lineal, caixas, fogares, reciclaxe e separación de residuos. Este ano, os contidos ambientais son máis amplos e diversificados, con información referida ao cambio climático, o ciclo da auga ou a agricultura sostible.
A unidade sobre o Prato Alimentes ten un enfoque claramente nutricional, debido a que se indican as proporcións e as categorías adecuadas dos alimentos que se deben consumir, segundo establece o Prato de Harvard. Quen finalice este itinerario interactivo, recibirá un premio de Gadis: un kit de Prato Alimentes. Ademais, sortearanse 5 packs de tablets entre todos os centros educativos.
Sensibilización social
Máis de vinte anos de compromiso de Gadis coas familias e a contorna educativa para promover unha infancia máis saudable e activa favoreceu unha maior sensibilización social cara á prevención da obesidade. Un labor que poñemos en valor ao fío da recente conmemoración do Día Mundial da Obesidade, que se celebrou este pasado martes 4 de marzo.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”