Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

DOAMOS CO MONBUS OBRADOIRO CAB MÁS DE 800 QUILOS DE PRODUTOS AO ALBERGUE XOÁN XXIII

3 FEBREIRO, 2026

Imagen Noticia DOAMOS CO MONBUS OBRADOIRO CAB MÁS DE 800 QUILOS DE PRODUTOS AO ALBERGUE XOÁN XXIII

Fixemos entrega, xunto co Monbus Obradoiro CAB, de 810 quilos de alimentos non perecedoiros ao Albergue Xoán XXIII. É o resultado do 13º Partido Solidario Gadis, disputado o sábado 17 de xaneiro entre o club local e o HLA Alacante no Multiusos do Sar e que finalizou cun 87-75 a favor do equipo anfitrión.

Comprometémonos a doar 5 quilos de produtos por cada punto anotado no encontro, polo que a institución benéfica, que presta un importante labor de asistencia social en Santiago, recibiu esta axuda, que lle permitirá atender as necesidades de persoas e colectivos vulnerables.

Entrega solidaria

O director xeral do Monbus Obradoiro CAB, Héctor Galán, e os xogadores Alonso Grela e Aitor Etxeguren representaron ao club de baloncesto no acto de entrega solidaria. Por parte de GADISA Retail, participou o responsable de Relacións coa Sociedade, Miguel Freire, e do Albergue Xoán XXIII, o seu director Frei Miguel da Mata Merayo.

Compromiso coas persoas

Unimos nesta acción dous dos compromisos que asumimos no noso programa de Responsabilidade Social Corporativa: a solidariedade e o apoio ao deporte. Unha causa social que cumpre a súa 13ª edición e que ten vocación de continuidade como parte do seu propósito de mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade.

Nestes trece anos, co Partido Solidario Gadis en colaboración co Monbus Obradoiro CAB, entregamos máis de 8.000 quilos de produtos, que se doaron a entidades que prestan un labor social de relevancia en Santiago

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha