DISTRIBUÍMOS MÁIS DE 80.000 QUILOS DE PRODUTOS ENTRE 72 PROTECTORAS DE ANIMAIS
29 OUTUBRO, 2024
Repartimos un total de 80.727 quilos de produtos de alimentación e hixiene recollidos na 6º campaña “Alimenta la amistad”. Unha cifra récord, que supera en máis de 15.000 os quilos entregados o ano pasado ás organizacións de Galicia e Castela e León que prestan asistencia a cans e gatos sen fogar.
Desde Gadis queremos poñer en valor a solidariedade mostrada, unha vez máis, polos nosos clientes con esta acción solidaria, que se desenvolveu entre o 1 e o 13 deste mes de outubro. Tamén achegaron 3.919 € de donativo económico, aos que sumamos preto de 17.000 €, que se distribuirán entre os 72 refuxios e protectoras cos que colaboramos nesta edición.
Así mesmo, o labor dos voluntarios informando nos puntos de venda sobre a posta en marcha de “Alimenta la amistad” foi fundamental para o resultado obtido, do que se beneficiarán entidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra; e Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid, Zamora, provincias nas que contamos con Supermercados Gadis.
Máis de 400.000 quilos en 6 edicións
Coa posta en marcha de “Alimenta la amistad”, conectamos coa nosa contorna e recollemos a sensibilidade de miles de clientes co coidado dos animais. En seis edicións, reunimos máis de 400.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene para cans e gatos. Esta iniciativa desenvólvese cada ano ao fío do Día Mundial dos Animais, que se conmemora o 4 de outubro.
Compromiso co benestar animal
O noso compromiso co benestar animal articúlase a través do programa de Responsabilidade Social Corporativa, no marco do que se desenvolve esta campaña.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”