Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

DAMOS VOZ AOS NOSOS PRODUTOS LOCAIS NA NOVA CAMPAÑA MOITO QUE CONTAR

21 ABRIL, 2025

Imagen Noticia DAMOS VOZ AOS NOSOS PRODUTOS LOCAIS NA NOVA CAMPAÑA MOITO QUE CONTAR

Lanzamos unha segunda edición da campaña de apoio aos produtores locais "Moito Que Contar" co obxectivo de poñer en valor e mostrar o importante labor que desenvolven á hora de abastecer os lineais dos nosos Supermercados Gadis de produtos frescos, saudables e sostibles. "Moito Que Contar" tamén pon o foco en destacar os múltiples beneficios de consumir produto local, tanto para o consumidor, como para a contorna, valores que compartimos desde a nosa fundación.

Nesta segunda edición acúñase o termo de “A Antemesa”, un momento previo á comida, onde o protagonismo tómano os produtos e a súa historia.

A campaña está formada por oito pezas de vídeo que mostran de primeira man as historias que hai detrás de diferentes produtores de Galicia e Castela e León. A peculiaridade da mesma atópase en que a voz que narra cada unha das pezas correspóndese ao propio produto que chega ao lineal de Supermercados Gadis: unha leituga, un grelo, unha pescada…

Cun ton próximo e desenfadado, os diferentes produtos contan como é a súa vida e o seu día a día desde que nacen, ata que chegan ás mesas de cada cliente de Supermercados Gadis. Isto permite ao público ser consciente de todo o esforzo, agarimo e tradición que fai do produto local algo único, engadindo un valor engadido ao seu consumo.

Podedes ver as distintas pezas que conforma a campaña en https://muchoquecontar.com/, unha web propia desta edición de “Moito Que Contar” onde tamén se atopa información complementaria.

Compromiso coa contorna e os produtos naturais, frescos e sostibles

A nosa cultura empresarial favorece a sustentabilidade económica e social dos máis de mil provedores locais de alimentación fresca e artigos elaborados, que abastecen aos Supermercados Gadis con produtos frescos, sostibles e de proximidade. Unha estratexia máis responsable a nivel ambiental, xa que se reducen os roteiros de carga e transporte, e está avalada pola eficacia do noso sistema loxístico.

Un dos sinais de identidade de Gadis son as seccións de produto fresco. Potenciando as nosas peixarías, carnizaías, frotierías, panaderías e lácteos, estamos a contribuír a fortalecer distintos sectores produtivos, que son claves na dinamización socioeconómica, principalmente do medio rural, a través da xeración e o mantemento de emprego.

Traballamos cada día para estar á altura do que os nosos clientes esperan de nós. Queremos que cada visita ao supermercado sexa moito máis que unha compra: unha experiencia próxima, coa atención de profesionais que coñecen e coidan o que fan, e cunha gran variedade de produtos de calidade ao alcance da súa man.


OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha