Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

CREAMOS 46 EMPREGOS COA APERTURA DUN GRAN GADIS EN VILANOVA DE AROUSA

26 NOVEMBRO, 2025

Imagen Noticia CREAMOS 46 EMPREGOS COA APERTURA DUN GRAN GADIS EN VILANOVA DE AROUSA

Fortalecemos a nosa presenza na comarca do Salnés coa apertura dun Gadis en Vilanova de Arousa, que se suma ao que inauguramos o ano pasado en Sanxenxo. O novo establecemento abre as súas portas no Lugar de Cardalda, 31 C, ao pé da estrada PO-307, que enlaza os municipios de Vilanova e A Illa de Arousa. Unha localización estratéxica que favorece unha maior comodidade aos numerosos veciños que transitan a diario por esta vía, aos que, ademais, facilitamos 115 prazas de aparcadoiro gratuíto.

O Gadis conta con máis de 2.000 m2 de superficie total e construíuse cumprindo estritos parámetros de eficiencia enerxética e accesibilidade, cos espazos deseñados para brindar a mellor experiencia de compra ao cliente. A amplitude permite ofrecer a maior diversidade de produtos do mercado: máis de 12.000 artigos cos mellores frescos, marcas recoñecidas a prezos competitivos, unha equilibrada variedade da marca propia IFA e numerosas referencias veganas, ecolóxicas, sen glute e a granel, seguindo as tendencias de consumo actuais.

Un dos nosos sinais de identidade son as seccións de produto fresco, que priorizamos neste moderno establecemento. A atención personalizada en mostrador tradicional é máis sostible, proporciona un mellor servizo ao cliente e fomenta a captación e retención de talento, con profesionais especializados na peixaría, carnizaría, chacinaría, froitaría e panadería. O noso propósito é adiantarnos sempre ás necesidades dos clientes e que poidan elixir a súa cesta da compra entre unha ampla variedade de produtos.

46 novos empregos

A nosa filosofía, baseada na atención directa, favorece a creación de emprego estable e de calidade. Con esta apertura, xeramos 46 postos de traballo directos. Un persoal ao servizo dos clientes, que poden facer a compra no amplo horario ininterrompido, de 9 a 21.30 horas, de luns a sábado.

Sustentabilidade e máxima eficiencia enerxética

A sustentabilidade guiou o proceso de construción do novo Gadis de Vilanova de Arousa. A maior medida de eficiencia enerxética procede do aproveitamento de luz natural, ademais da dotación de funcionais sistemas de frío e calor. O mobiliario de última xeración, a ordenación dos espazos e a amplitude de corredores, fomentan a accesibilidade e unha maior comodidade.

Gadis, coas familias

Mellorar o benestar das familias é un dos compromisos de Gadis cos nosos clientes, aos que proporcionamos aforro mediante as Oportunigadis diarias e con máis de 400 artigos semanais ao mellor prezo en folleto. Tamén a través de cupóns desconto na APP Gadis+.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha