Colección Skärpa by Lätt Home en Gadis: precisión en cada corte
30 AGOSTO, 2026
En Gadis queremos que a túa cociña teña máis estilo, máis precisión e máis funcionalidade. Por iso, lanzamos unha nova promoción coa que poderás incorporar ao teu fogar a colección Skärpa de Lätt Home, unha proposta inspirada na filosofía xaponesa da mellora continua, onde cada detalle está pensado para facer o teu día a día na cociña máis doado e eficiente.
Por cada 10 € de compra que realices nos nosos supermercados Gadis, conseguirás 1 punto.
Reúne os puntos necesarios e poderás levarche as pezas desta exclusiva colección a un prezo incrible.
A colección Skärpa está formada por coitelos versátiles, deseñados para cortar, picar e filetear con facilidade e precisión. Pezas resistentes, duradeiras e doados de manter, pensadas para ofrecer un rendemento profesional e acompañarte en todo tipo de preparacións.
Non deixes pasar a oportunidade de renovar os teus utensilios de cociña cunha colección que combina funcionalidade, resistencia e precisión, inspirada nunha filosofía que aposta por mellorar cada día e converter cada tarefa cotiá nunha experiencia máis práctica e eficiente.
Promoción válida do 31/08/2026 ao 28/11/2026.
Troca os teus puntos ata o 05/12/2026.
Aquí podes consultar o folleto completo da promoción:


OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”