Colección IRO de Lätt Home en Gadis: cociña con estilo, orde e cor
26 XANEIRO, 2026
En Gadis queremos que a túa cociña teña máis estilo, máis orde e máis cor. Por iso, lanzamos unha nova promoción coa que poderás encher o teu fogar de equilibrio e funcionalidade grazas á colección IRO de Lätt Home, unha proposta que combina a funcionalidade escandinava coa estética xaponesa para facer o teu día a día máis práctico e bonito.
Por cada 10 € de compra que realices nos supermercados Gadis, conseguirás 1 punto.
Reúne os puntos necesarios e poderás levar as pezas desta colección exclusiva a un prezo incrible.
A colección IRO inclúe recipientes herméticos de vidro de alta resistencia, boles con base antiesvarante, utensilios de silicona con apoio limpo e unha freidora de aire de 5 L, todos eles deseñados para facilitar a cociña diaria sen renunciar ao estilo. Pezas resistentes, funcionais e pensadas para acompañarte tanto na preparación como na conservación das túas receitas.
Non deixes pasar a oportunidade de renovar a túa cociña cunha colección que aposta polo deseño, a comodidade e a eficiencia, convertendo o cotián en algo especial.
Promoción válida do 26/01/2026 ao 25/04/2026.
Troca os teus puntos ata o 02/05/2026.
Aquí podes consultar o folleto completo da promoción.


OUTRAS NOVAS
REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85...
REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85 PROTECTORAS DE ANIMAIS
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDA...
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDADE DE VALLADOLID
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE