COLABORAMOS NO CERTAME “MELLOR COCIÑEIRO GALEGO 2025” NO GALICIA FORUM GASTRONÓMICO
23 MARZO, 2025
Durante a xornada matinal do domingo 23, os cinco cociñeiros finalistas, Arón Álvarez, chef de Os Maristas en Pontevedra; Víctor Basante, chef de Arrueiro en Laxe, A Coruña; Bret Fernández, chef de Prebe en Lugo; Nel Parada, chef de Nordestada en Portosín, A Coruña; e Miguel Vázquez, chef de Atípico na Coruña, fixéronnos gozar cun showcooking no que amosaron as súas habilidades ante o público asistente.
Tras a actuación dos cinco candidatos, deuse a coñecer o resultado das votación. Un premio que pon en valor o traballo dos chefs e o seu compromiso coa sustentabilidade e co produto local e de proximidade.
Ademais, tamén estamos presentes no Forum Gastronómico cun photocall no que os asistentes poden participar nun sorteo de 3 vales de compra de 50€. Para participar, só teñen que sacarse unha foto e compartila en stories no seu Instagram mencionando as contas @gadis.supermercados e @galiciaforumgastronomico co hashtag #reisdacociña.
GAÑADORES:
@nosinmipota
@_el_toque_de_ines
@montserrat.l
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”