Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

CELEBRAMOS A ESCRITURA CO VI CONCURSO DE MICRORRELATOS

25 XUÑO, 2025

Imagen Noticia CELEBRAMOS A ESCRITURA CO VI CONCURSO DE MICRORRELATOS

Volvemos convocar o concurso de microrrelatos, que xa alcanza a sexta edición. Coincidindo co verán, o destino é o tema elixido nesta ocasión para construír unha historia de entre 3 e 100 palabras.

Queremos celebrar a escritura cun concurso inclusivo para todas as idades. Animamos a mozos e a maiores a que exploren a súa habilidade coa escritura e participen. Nestes últimos cinco anos descubrimos auténticos talentos coas letras. Con esta acción queremos fomentar unha cultura para todos e todas e contribuír a promover o hábito de lectura.

Período de participación

Desde o 26 de xuño ata o 31 de agosto podedes presentar os relatos breves cubrindo o formulario na web https://www.gadismicrorrelatos.com/. Os únicos requisitos é que os textos deben de ser inéditos e orixinais, ter menos de cen palabras e o seu autor ser maior de 14 anos. En canto ao idioma, acéptanse tanto en castelán como en galego.

Creatividade sen límites

A orixinalidade, a creatividade, a sensibilidade e a capacidade de síntese son os catro valores que terá en conta o xurado para seleccionar aos finalistas. Co destino como idea central da historia, a organización do concurso deixa aberta á imaxinación de cada participante o seu relato, que pode ser real, baseado en experiencias persoais, ficticio ou fantástico.

A inspiración pode chegar rememorando eses veráns da infancia na aldea familiar, a escapada soñada aínda por facer ou o futuro por escribir de algo que comeza. Coas súas diversas acepcións na RAE, cada cal debe interpretar o seu destino neste concurso: “Unha viaxe que avanza entre o descoñecido. Un misterio máxico que termina por cobrar sentido no momento xusto. Un fío que une cada paso que dás, cada decisión que tomas. Toda historia ten o seu destino e cando pensas que xa está escrito, as palabras poden cambialo todo”.

Publicación dun libro

Recompilaremos nun libro os microrrelatos seleccionados como finalistas. En total, Gadis editará 12.000 exemplares que repartiremos gratis nos puntos de venda de Galicia e Castela e León no mes de outubro. Ademais, poderase descargar en formato dixital na web. Este labor editorial ten como fin dar a oportunidade aos participantes de que un maior número de persoas lea as súas creacións.

Desde que lanzamos a primeira edición do concurso, editamos máis de 60.000 libros de relatos breves.

Tres premios

Entre os finalistas, o xurado elixirá os tres gañadores. O 1º Premio levará un eBook e un cheque por valor de 100 euros, o 2º, un libro electrónico e un cheque de 50 euros, mentres que o 3º conseguirá un eBook.

Máis de 8.000 historias inspiradoras

Desde Gadis poñemos en valor que, nas cinco primeiras edicións do concurso de microrrelatos, reunimos máis de 8.000 relatos breves sobre as temáticas propostas, diferentes en cada edición para un maior interese: os encontros, os descubrimentos, os soños, a natureza e os inicios en 2024, ano no que rexistramos un éxito de participación con máis de 2.000 propostas.

Esta acción forma parte do plan de Responsabilidade Social Corporativa, que promove o apoio á cultura nas súas diferentes manifestacións como elemento de identidade común, que serve de unión e vertebración para o territorio.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha