Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

APOIAMOS Á ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

2 FEBREIRO, 2025

Imagen Noticia APOIAMOS Á ASOCIACIÓN ESPAÑOLA  CONTRA O CANCRO

Participamos por 4º ano consecutivo na campaña solidaria “A compra da túa vida”, que pon en marcha a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co propósito de obter fondos para financiar proxectos de investigación, apoiar a atención integral dos pacientes e acompañar á contorna familiar.

Desde este venres e ata o domingo 16 de febreiro, todos os supermercados Gadis de Galicia e Castela e León sumámonos a esta causa social que a AECC desenvolve en España coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, que se celebra o 4 de febrero co obxectivo de aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade.

Agradecemos de antemán a colaboración dos clientes, que sempre mostrades unha gran solidariedade con esta campaña. A forma de colaboración é mediante doazón económica a partir de 1 € ao pasar por caixa.

O compromiso de Gadis coas persoas

O impacto positivo que, dende Gadis, queremos xerar na nosa contorna impulsa unha intensa axenda solidaria ao longo do ano, que articulamos no programa de Responsabilidade Social Corporativa, do que forma parte o apoio á Asociación Española contra o Cancro e a outras organizacións que promoven o coñecemento e a investigación para mellorar a calidade de vida dos pacientes oncolóxicos, e inciden na detección precoz e na necesidade de fortalecer a atención sanitaria e psicolóxica dos enfermos e as súas familias.

Ás accións de captación de fondos, sumamos outros patrocinios e cooperacións. En liña coa nosa filosofía de proximidade e presenza nas comunidades locais, o apoio á AECC desprégase a través das xuntas locais nas actividades que realizan, como as marchas, carreiras e ceas benéficas que levan a cabo en Betanzos, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ponferrada ou Ávila, entre outras localidades de Galicia e Castela e León.

Así mesmo, colaboramos coa Fundación NARU, que ten como obxectivo aumentar as competencias persoais e profesionais para mellorar o acceso ao emprego dos mozos, maiores de 45 anos, así como de pacientes oncolóxicos ou coidadores que teñen que reorientar a súa carreira para volver ao mercado laboral.

As entidades Asotrame (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas), ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) e a Asociación Cris contra o Cancro tamén recibiron o noso respaldo a diferentes iniciativas.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha