Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

ACTIVAMOS A CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD” EN APOIO A 79 PROTECTORAS DE ANIMAIS

29 SETEMBRO, 2025

Imagen Noticia ACTIVAMOS A CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”  EN APOIO A 79 PROTECTORAS DE ANIMAIS

Lanzamos a 7ª edición da campaña “Alimenta la amistad” de Gadis. Unha acción solidaria que apoia o labor de 79 protectoras de animais, recolle a sensibilidade social cos animais e cumpre co noso compromiso favor do benestar animal. Un proxecto xa consolidado no programa de Responsabilidade Social Corporativa que levamos a cabo desde o 2019.

Un total de 202 Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León súmanse a esta causa habilitando espazos para depositar alimentos e produtos de hixiene destinados ao coidado de cans e gatos, así como á limpeza das instalacións. Aqueles clientes que o prefirades tedes a opción de realizar unha achega económica ao pasar por caixa. Este ano pódese colaborar desde o mércores 1 de outubro ata o sábado día 12.


Unha rede de apoio para protectoras locais

Protectoras das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; e de Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora recibirán e xestionarán toda a axuda que se recade. Este apoio é importante para que poidan atender ao longo do ano a miles de animais en situación de abandono e proporcionarlles coidados e refuxio.

A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, e a coordinadora de RSC, Lucía Santos, presentaron a campaña acompañadas por responsables dalgunhas das entidades que participan na iniciativa: María José López, xerente da Asociación Micos; e Sonia Santiago, secretaria de Xuntos As Mariñas. Ambas agradeceron o respaldo continuo de Gadis.


Máis de 400.000 quilos solidarios

A solidariedade dos clientes é clave para que, en cada edición, auméntese a axuda a favor das protectoras e refuxios. Nas seis campañas anteriores entregáronse máis de 400.000 quilos de alimentos e produtos de hixiene.

Unha acción enmarcada no Día Mundial dos Animais

Con esta iniciativa, buscamos conectar coa conciencia social en torno ao benestar animal, á vez que apoiamos a adopción de cans e gatos sen fogar. No transfondo, o Día Mundial dos Animais, que impulsa cada 4 de outubro a Organización Mundial de Protección Animal, coincidindo coa festividade de San Francisco de Asís. Esta data está destinada a sensibilizar sobre a necesidade da súa protección e coidado. Unha causa á que nos unimos.


OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha