ACHEGAMOS 220.000 QUILOS DE ALIMENTOS E 82.331 € A “LA GRAN RECOGIDA”
23 NOVEMBRO, 2025
Reunimos 220.000 quilos de alimentos e 82.331 € no marco da campaña solidaria “La Gran Recogida” que promove a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) en todo o territorio nacional. Unha axuda que repartiremos entre os 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León cos que colaboramos de forma habitual.
O noso compromiso coas persoas e coas familias en situación de vulnerabilidade levounos a sumarnos por 11º ano consecutivo a esta acción social, que se desenvolveu entre o 7 e o 15 deste mes de novembro en 221 puntos de venda da comunidade galega e de Castela e León.
Os clientes tiñan a opción de doar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene ou a de realizar un donativo económico ao pasar por caixa. E a resposta solidaria foi moi positiva
Como sempre os nosos clientes mostraron a súa xenerosidade e a súa implicación coas persoas que máis o necesitan. Un xesto que queremos agradecer, así como a presenza de voluntarios nos puntos de venda.
Impacto social positivo
A proximidade é un dos sinais de identidade de Gadis, tanto no desenvolvemento da nosa actividade empresarial como nas causas solidarias coas que estamos comprometidos para aumentar o impacto económico e social na contorna. Con este propósito, cooperamos con iniciativas como “La Gran Recogida”, que contribúe a mellorar a vida das persoas e das familias desfavorecidas.
A estreita colaboración que mantemos con 12 bancos de alimentos (Banco de Alimentos Provincia da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo, León, Palencia, Ponferrada, Ávila, Zamora, Valladolid, Salamanca e Segovia) permite unha maior eficacia na repartición da axuda.
Creando comunidade
A nosa acción social contribúe a crear unha rede de axuda local apoiando ás organizacións do terceiro sector, ademais das numerosas causas solidarias propias que impulsamos. Só a través das catro últimas edicións de “La Gran Recogida”, reunimos máis de 812.000 quilos de produtos e máis de 430.000€ grazas á solidariedade dos nosos clientes.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”