Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

50.000 bolsas de papel reciclado para un San Juan máis sostible

19 XUÑO, 2025

Imagen Noticia 50.000 bolsas de papel reciclado para un San Juan máis sostible

Con motivo da celebración de San Xoán, este 23 de xuño, os nosos Supermercados Gadis da Coruña repartirán 50.000 bolsas de papel, de forma gratuíta, entre os clientes que realicen unha compra, ata fin de existencias.

Esta acción forma parte do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, co que reafirmamos o noso compromiso de reducir o uso de plásticos e fomentar alternativas máis sostibles. Por iso, poñemos ao dispor dos nosos clientes bolsas de papel que facilitan levar comida e bebida á praia de maneira práctica e respectuosa co medio ambiente.

Do mesmo xeito, queremos insistir na importancia de deixar a praia tan limpa como a atopamos, recollendo todos os residuos antes de marcharnos para protexer o noso litoral e preservar esta tradición de forma responsable.

As bolsas inclúen dúas mensaxes que reflicten tanto a tradición como a conciencia ambiental. Por unha banda, o lema “As herbiñas de San Xoán quitan todo ou mal”, que fai referencia a unha das tradicións desta festividade: facer o ramo de San Xoán con herbas e flores, deixalas en auga durante toda a noite para logo lavarse a cara con esa auga, simbolizando a purificación e a boa sorte. Doutra banda, a mensaxe en colaboración co Concello da Coruña, “San Xoán é a praia. Cóidaa”, que lembra a importancia de coidar as nosas praias durante a celebración.

Desde Gadis, animamos a todos a celebrar San Xoán con responsabilidade, para que esta festa tan emblemática se viva de forma segura, limpa e sostible.

Feliz noite de San Juan!

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha