UNÍMONOS Á CAMPAÑA “A COMPRA DA TÚA VIDA” DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO
4 FEBREIRO, 2026
Volvemos participar na campaña solidaria “A compra da túa vida”. É o quinto ano consecutivo que apoiamos esta iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que ten como obxectivo conseguir fondos para financiar proxectos de investigación científica e para facilitar a asistencia integral dos pacientes e a súa contorna familiar.
A campaña ponse en marcha este venres, día 6, e estará activa ata o 15 de febreiro en todos os Gadis de Galicia e Castela e León co fin de ampliar o seu alcance. Como en anos anteriores, a forma de colaborar é mediante doazón económica a partir de 1 euro ao pasar por caixa.
Agradecemos de antemán a solidariedade dos nosos clientes, que sempre apoian esta acción que se desenvolve ao fío do Día Mundial contra o Cancro. Así, a súa xenerosidade permitiunos entregar á AECC preto de 80.000 € nas últimas catro edicións.
Ademais de recadar fondos, esta iniciativa contribúe a aumentar a sensibilización social sobre a prevención e a subliñar a importancia de avanzar nos estudos científicos, fortalecer a asistencia sanitaria e mellorar o benestar dos pacientes a través dunha atención integral.
Gadis e as alianzas estratéxicas co terceiro sector
O noso compromiso coas persoas reflíctese no programa de Responsabilidade Social Corporativa, no que priorizamos alianzas estratéxicas con organizacións do terceiro sector que traballan de forma integral no ámbito da saúde.
Ademais do apoio a diferentes iniciativas que a AECC desenvolve ao longo do ano, tamén colaboramos con asociacións como Asotrame (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas) ou a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Estas colaboracións céntranse en tres eixos: visibilización da enfermidade, fomento da prevención e financiamento da investigación científica.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”