RECEITAS QUE FUSIONAN TRADICIÓN E SABORES DO MUNDO
24 NOVEMBRO, 2024
Nesta selección de receitas, invitámoste a descubrir pratos que combinan sabores e técnicas de diferentes culturas, dando lugar a creacións únicas. Queres que te sorprendamos? Combinamos o mellor das receitas da nosa tradición con pratos súper especiais chegados de diferentes lugares do mundo. Así, conseguimos unir o mellor de cada cultura en receitas que sorprenden pola súa orixinalidade e sabor.
Curry de peixe e lagostinos

Ingredientes:
- 1 cebola
- 3 cenorias
- 3 dentes de allo
- 30g de xenxibre
- 1 lata de leite de coco
- Curry ao gusto
- Un chorro de aceite
- 300g de arroz
- 300g de rape
- 300g de lagostinos pelados
Pasos a seguir:
Para comezar, pica a cebola, as cenorias, o allo e o xenxibre en anacos pequenos. Nunha tixola con un chorro de aceite, fai a cebola, as cenorias, o allo e o xenxibre picados ata que abranden.
A continuación, engade o curry e mestura ben. Engade o leite de coco e remexe ben para que as especias se integren. Continúa incorporando o rape cortado en anacos e os lagostinos, e deixa cociñar todo xunto durante uns 10 minutos.
Para preparar o arroz, ferve 600ml de auga nunha ola cun pouco de sal. Cando ferva, engade o arroz e cociña a lume medio durante 15 minutos, ou ata que a auga se absorba e o arroz estea terno.
Sírveo xunto co arroz e listo!
Ramen de cocido

Ingredientes:
- 500ml de caldo de lacón ou cocido
- 4 ou 5 setas shitake
- 1 culleradiña de pasta de miso
- 1 cullerada de mirin ou viño branco
- 65g de fideos de ramen
- 100g de talos de grelos cocidos
- 1 ovo
- 125g de lacón cocido
- Cebola crocante para decorar
Pasos a seguir:
Ferve o ovo durante 8 minutos para que a xema quede firme. Pélao e resérvao.
A continuación, prepararemos o caldo. Nunha pota, quenta o caldo de cocido. Engade as setas shitake, a pasta de miso e o mirin. Coce a lume medio durante 10 minutos. A continuación, engade os fideos ao caldo e cociña de 5 a 7 minutos
Para colocar no prato, coloca os fideos nun bol, engade o caldo e as setas. Engade tamén os grelos, o ovo partido á metade e o lacón en tiras. Ademais, podes decorar con cebola crocante antes de servir.
Arepas de zorza e queixo de Tetilla

Ingredientes:
- 300ml de auga
- 200g de fariña de millo precocida
- 3g de sal
- 400g de zorza (carne de porco adobada)
- 200g de queixo Tetilla
Pasos a seguir:
Nun bol, mestura a auga, a fariña e o sal. Amasa ata obter unha masa suave e elástica, sen grumos e deixa repousar uns 5 minutos.
Para elaborar a arepa, forma boliñas coa masa e aplánaas. A continuación, cociña as arepas nunha prancha quente durante 5-6 minutos por cada lado, ata que estean douradas.
Para o recheo, noutro recipiente, cociña a zorza ata que estea ben feita.
Realizar a montaxe é moi sinxelo. Só debes abrir as arepas, enchelas coa zorza quente e engadir anacos de queixo de Tetilla.
Gyozas de polo e champiñóns

Ingredientes:
- 130g de fariña
- 1 chisco de sal
- 60ml de auga quente
- 4 champiñóns grandes
- 1/2 cenoria
- 3g de xenxibre
- 175 g de polo
- 1 ceboliño
- 1 cullerada de salsa de soia
- 1 cullerada de aceite de sésamo
- Un chorro de aceite
Pasos a seguir:
Para elaborar a masa, mestura nun bol a fariña e o sal. Engade a auga quente e amasa ata obter unha masa suave. Deixa repousar 30 minutos a temperatura ambiente. A continuación, estira a masa cun rolete e corta en pequenos círculos.
Para elaborar o recheo, pica finamente os champiñóns, a cenoria, o xenxibre, o ceboliño e o polo. Mestura todo coa salsa de soia, o aceite de sésamo e a sal.
Agora, coloca unha culleradiña de recheo en cada oblea e dobra facendo pequenas dobras. Quenta unha tixola con un pouco de aceite e coloca as gyozas.
Por último, cociña ata que a base estea dourada, engade a auga, tapa e cociña ao vapor durante 6-8 minutos.
Gyeran mari

Ingredientes:
- 2 ovos
- Ceboliño
- Cenoria
- Sal ao gusto
Pasos a seguir:
O gyeran mari elábórase normalmente con un ou dous tipos de verduras picadas, máis comunmente con ceboliños e cenorias. Para comezar, bate os ovos e engade as verduras picadas con un chisco de sal.
Agora, quenta unha tixola a lume baixo e engade un pouco de aceite. Verte unha capa fina de ovo e cociña suavemente. Cando a capa estea case callada, envólvea desde un extremo cara ao outro. Repítese o proceso ata rematar a mestura.
Por último, corta en toros e serve.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”