Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

REAFIRMAMOS O NOSO APOIO AOS PROVEDORES LOCAIS NA FEIRA DE SILLEDA

5 XUÑO, 2025

Imagen Noticia  REAFIRMAMOS O NOSO APOIO AOS PROVEDORES LOCAIS NA FEIRA DE SILLEDA

Volvemos participar na Feira Internacional SALIMAT, Salón de Alimentación do Atlántico, que se celebra en Silleda. Unha mostra máis do noso apoio á produción de proximidade, aos provedores locais e a promover a alimentación sostible e saudable, que favorece unha cadea agroalimentaria que xera máis valor e riqueza socioeconómica na contorna. Este compromiso alíñase cos obxectivos da campaña “Moito que contar”, que lanzamos recentemente desde Gadis para dar voz aos produtores locais a través de vídeos que conteñen as historias que hai detrás dos produtos de proximidade.

Visita á caseta de Gadis

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo, a conselleira do Medio Rural, Mª José Gómez e a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, visitaron a nosa caseta durante a xornada inauguración. Foron recibidos pola directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, o director de Comunicación, José Luis Fernández Astray, o director de Relacións coa sociedade, Miguel Freire, e a coordinadora de Marketing Dixital e Contidos, Alexandra Kuntz.

Dez showcookings

Lola Crespo (Ñamlicioso e Frambuesa e Caramelo) e Carmen Albo (Guisándome a vida) son as dúas creadoras de contido gastronómico que, estes días, ensinan a preparar receitas sinxelas, rápidas e saudables con produtos locais. Un formato dinámico, a modo de showcooking, de 45 minutos de duración e un máximo de 28 persoas para elaborar dous pratos diferentes.

Actividades infantís seguindo o programa educativo Alimentes

Deseñamos un espazo creativo na nosa caseta para que nenas e nenos, de entre 6 e 11 anos, se acheguen a conceptos como a saúde e a sustentabilidade. Para iso, organizamos talleres dunha hora de duración con monitores que dinamizan a actividade e traballan co Prato Alimentes: o menú saudable, inspirado no Prato Harvard, entre outros materiais.

Cos contidos aliñados ao programa educativo Alimentes, os talleres desenvólvense ata o domingo. Tamén contamos cun punto de información, no que podedes xogar a unha ruleta para conseguir diferentes premios.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha