Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

MÁIS DE 24.000 ESTUDANTES DE 676 COLEXIOS PARTICIPAN NO NOSO PROGRAMA ALIMENTES

18 FEBREIRO, 2026

Imagen Noticia  MÁIS DE 24.000 ESTUDANTES DE 676 COLEXIOS PARTICIPAN NO NOSO PROGRAMA ALIMENTES

Desde Gadis achegamos a alimentación saudable, sostible e responsable a máis de 24.000 estudantes de Galicia e Castela e León durante este curso escolar. Este proxecto educativo, que se desenvolve desde hai máis de 25 anos, empeza nas aulas, onde se abordan diferentes aspectos relacionados entre si, como a nutrición, o consumo consciente para evitar o desperdicio de alimentos, o coidado do planeta e o valor do desenvolvemento sostible da comunidade a través da produción local. Todo o material está desenvolto por profesionais e adaptado á 2ª etapa de Educación Infantil e ao currículo oficial educativo de Primaria.

Da teoría á práctica: visitas a Gadis

Despois da primeira parte con aprendizaxe virtual, lévanse a cabo as visitas aos supermercados co obxectivo de poñer en práctica todo o aprendido no colexio. Así o destaca un dos 1.145 docentes que este curso involucráronse no proxecto: “O que máis nos gusta é que o alumnado pode aprender sobre alimentación saudable nunha situación real, participando activamente e facendo eleccións conscientes dos alimentos. Resulta moi motivador ver como relacionaban o aprendido na aula co supermercado”.

Monitores formados en nutrición e educación ambiental acompañan aos estudantes no seu percorrido polas distintas seccións dos supermercados, con maior atención ás de produto fresco: peixaría, carnizaría, froitas e verduras, lácteos etc. Aquí aprenden a identificar os alimentos máis saudables e sostibles; cales son produtos locais, de tempada e de orixe local. Aínda se poden xestionar novas visitas a través do calendario dixital que puxemos ao dispor dos docentes dos 676 centros educativos que este ano forman parte do proxecto.

Atención á diversidade e 14 unidades didácticas

O noso compromiso coa inclusión e a diversidade, que se recolle no programa de RSC, concrétase nesta iniciativa educativa coa adaptación de contidos para nenos e nenas que teñen necesidades educativas especiais. Así, tamén poden participar activamente nas aulas co percorrido virtual da plataforma seguindo a cadea de alimentos desde a orixe, visitando unha lonxa, unha horta ou unha explotación gandeira, os almacéns e as diferentes seccións dos supermercados.

En total, son 14 unidades con textos, vídeos, fichas interactivas e xogos para que a aprendizaxe resulte divertida. Hai un apartado específico co Prato Alimentes, no que se detallan as porcións e categorías adecuadas dos alimentos que hai que consumir para seguir unha dieta equilibrada segundo a recomendación do Prato de Harvard. A sustentabilidade ambiental é unha das liñas de traballo ás que se lle dá prioridade na plataforma para sensibilizar do importante que é a conservación da contorna, cunha unidade didáctica competencial sobre a compostaxe. Quen finalice este itinerario interactivo, recibirá un premio de Gadis: un kit de Prato Alimentes. Ademais, sortearemos 5 packs de tablets entre todos os centros educativos.

Alimentes é o recurso educativo de calidade que poñemos dispor da comunidade educativa e das familias desde hai máis de dúas décadas para acompañalas no proceso de fomentar un estilo de vida activo e saudable desde a infancia.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha