ENTREGAMOS MÁIS DE 73.000 QUILOS DE PRODUTOS A 79 PROTECTORAS DE ANIMAIS
27 OUTUBRO, 2025
Repartimos máis de 73.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene entre 79 protectoras e refuxios de animais de Galicia e Castela e León. É o resultado da 7ª campaña Alimenta la amistad, que reflicte o compromiso de Gadis e os nosos clientes co benestar animal.
Poñemos en valor a participación activa dos nosos clientes en todas as causas solidarias que poñrmod en marcha. Nesta ocasión, a iniciativa de recollida de alimentos e produtos de hixiene para cans e gatos desenvolveuse entre os días 1 e 12 deste mes de outubro en 202 puntos de venda.
A fórmula para colaborar era mixta e a achega económica ascendeu a 3.248 €, aos que sumamos 15.265 €. Unha axuda da que se beneficiarán entidades das provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra; e Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora.
Ademais de agradecer a solidariedade dos clientes, tamén queremos mostrar a nosa gratitude aos voluntarios que, coa súa presenza nos supermercados, favoreceron unha maior colaboración.
Preto de medio millón de quilos en 7 anos
Nestes sete anos logramos construír unha rede de apoio local en torno ao respecto e protección dos animais. Desde que lanzamos a campaña Alimenta la amistad, distribuímos máis de 473.000 quilos de produtos destinados á alimentación e coidado de cans e gatos abandonados en institucións das dúas comunidades autónomas nas que estamos presentes.
Responsabilidade social en materia de benestar animal
A cultura de respecto e coidado animal está recollida no noso programa de Responsabilidade Social Corporativa. Cada ano, con motivo do Día Mundial dos Animais, poñemos en marcha a campaña Alimenta la Amistad.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”