Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

BUSCAMOS RECEITAS CON HISTORIA

15 ABRIL, 2026

Imagen Noticia  BUSCAMOS RECEITAS CON HISTORIA

Abrimos o prazo do concurso “Compartimos as receitas” e invitamos a dar a coñecer as historias familiares que hai detrás de cada prato a través do formulario web www.gadis.es/compartimoslasrecetas. Podedes participar os maiores de 18 anos de calquera lugar de España e o prazo está aberto ata o 31 de outubro.

Todos os participantes deberedes explicar o significado da vosa receita respondendo á pregunta Que siginifica para ti? nun mínimo de 150 caracteres.

Con este concurso, queremos poñer en valor as receitas que se gardan como tesouros en casa, que non son simple instrucións nun papel, senón o fío invisible que moitas veces pasan de xeración en xeración e que esconden historias da infancia ou anécdotas.

Un gran receitario en liña

Recompilaremos nun gran receitario en liña as mellores propostas culinarias que seleccione o xurado. Valorarase a autenticidade, que reflicta as raíces e a tradición; a emoción que se desprende da narrativa en cada prato e a harmonía de ingredientes para dar forma á preparación final.

Apoio ás tradicións gastronómicas

“Compartimos as receitas” é unha acción interxeracional que pon en valor a cultura gastronómica do territorio e o vínculo emocional, en liña co compromiso de Gadis de estar preto das persoas.

Un premio cada mes

Sortearemos un premio cada mes entre todos os participantes durante a vixencia do concurso: unha Thermomix TM7; unha mini liquidificadora Anni 50 SMEG; unha freidora de aire Ninja Crispi; unha sandwichera/gofrera/grella Create; unha batedora amasadora; unha ola a presión eléctrica multiprogramable Create; e unha Cocotte oval de ferro fundido Le Creuset.

Ademais, as 300 primeiras persoas en compartir unha receita que cumpra os requisitos do concurso e que estean rexistradas na app de Gadis recibirán un vale de 3€ na súa carteira Gadis+ (un único cheque por persoa). Toda a información está dispoñible na web de Compartimos as receitas (www.gadis.es/compartimoslasrecetas).

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha