Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

APOSTAMOS POR UNHA CULTURA PARA TODOS CON MÁIS DE 150 PATROCINIOS E COLABORACIÓNS

21 XULLO, 2025

Imagen Noticia  APOSTAMOS POR UNHA CULTURA PARA TODOS CON  MÁIS DE 150 PATROCINIOS E COLABORACIÓNS

Festivais de música e audiovisuais, festas e celebracións populares e outros eventos, como feiras medievais, integran o noso programa cultural, que se intensifica durante a época estival e inclúe máis de 150 actividades e eventos ao longo de todo o ano, tanto en Galicia como en Castela e León.

Con este amplo abanico de propostas, pretendemos achegar a cultura ao maior número de persoas posible. Un respaldo que parte da convicción de que a promoción cultural contribúe ao desenvolvemento socioeconómico local e é fundamental para manter vivas as tradicións.


Eventos culturais para todas as idades

Co obxectivo de chegar a públicos de todas as idades, desde Gadis colaboramos cos eventos culturais e festivos máis relevantes da comunidade galega e de Castela e León, nos que anualmente se reúnen miles de persoas. En próximas datas estivais: a Festa do Albariño de Cambados, entre o 30 de xullo e o 3 de agosto; a Festa da Carballeira de Zas, 8 e 9 de agosto; Río Verbena Fest, 22 e 23 de agosto; o Festival de la Luz, que terá lugar do 29 ao 31 de agosto, as festas de Valladolid, do 5 ao 14 de setembro; o Recorda Fest, 5 e 6 de setembro; ou o Festival Revenidas (Vilagarcía), entre o 11 e o 14 de setembro.

Algunhas das citas que apoiamos acaban de celebrarse, como o Atlantic Fest (Vilagarcía), a Festa da Merluza de Celeiro ou o Planeta Sound, esta mesma fin de semana. E tamén recentemente O Son do Camiño, o Portamérica, o Festival de Ortigueira, a Feira Franca Medieval de Betanzos, o Vintoro de Zamora, a Festa do Polbo de Mugardos ou o Ouren Sound Fest.

Ademais da colaboración cos organizadores de eventos, brindamos aos nosos clientes a posibilidade de vivir experiencias a través de sorteos, como o que recentemente lanzamos nas redes sociais e que consiste nun abono dobre para o 17º Festival Ribeira Sacra, ademais dunha experiencia en catamarán e unha noite no Parador de Monforte de Lemos para dúas persoas.

O noso compromiso coa cultura esténdese, así mesmo, ao ámbito cinematográfico, apoiando iniciativas de referencia como o Festival de Cans (O Porriño), o Play-Doc (Tui), a Semana Internacional del Cine de Betanzos, o FIC Bueu, o Ourense Film Festival, o Festival de Cine de Medina del Campo ou a Seminci de Valladolid.


Gadis coas festas populares

Con raíces 100% galegas, o compromiso de Gadis coas festas populares mantense desde as nosas orixes porque contribúen a conservar as tradicións e fortalecen o sentido de identidade e cultura na comunidade.

Numerosas celebracións tradicionais e gastronómicas teñen o noso respaldo, como a Feira do Cocido de Lalín, o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Viño Tinto do Salnés de Barrantes (Ribadumia) e a Feira do Viño de Amandi (Sober), entre outras.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha