Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

APOIAMOS ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARA ALCANZAR UNHA SOCIEDADE MÁIS INCLUSIVA

2 DECEMBRO, 2024

Imagen Noticia  APOIAMOS ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARA ALCANZAR UNHA SOCIEDADE MÁIS INCLUSIVA

Queremos visibilizar o noso compromiso coa inclusión social e a participación activa na sociedade das persoas con diversidade funcional no Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Un compromiso que articulamos a través do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, que se materializa en máis de 2.300 accións anuais de apoio á comunidade. Coa proximidade como sinal de identidade, estamos a carón das organizacións da contorna que traballan para lograr unha maior autonomía persoal e profesional.

Igualdade de oportunidades e diversidade

Co propósito de fomentar a igualdade de oportunidades, traballamos da man da Fundación ADCOR, cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida de adultos en situación de dependencia. Proximamente, organizaremos o xa tradicional mercadillo do Nadal para que os traballadores da compañía na sede central de Betanzos poidamos adquirir de forma solidaria artigos creados polos usuarios nos talleres ocupacionais, nos que tamén elaboran as bolsas sostibles con lonas recicladas á venda en diferentes supermercados Gadis da área da Coruña. Outra forma de manifestar o noso apoio é contratando o catering que ofrece a entidade para eventos corporativos, como os foros nos que reunimos a organizacións do terceiro sector. Un espazo de diálogo no que, en ocasións, tamén poñemos o foco en colectivos que traballan para que persoas con diversidade funcional poidan desenvolver os seus propios proxectos de vida.

Ademais, renovamos cada ano a nosa alianza co Centro Pai Menni- Irmáns Hospitalarias de Betanzos, que se dedica á atención integral de persoas con diversidade funcional, de forma que as súas usuarias encárganse de preparar os produtos da canastilla coa que damos a benvida aos bebés de Galicia e Castela e León desde fai máis dunha década.

Tamén colaboramos con ASPACE Coruña desde hai anos e, neste 2024, asinamos un convenio para apoiar o innovador proxecto de alimentación texturizada que desenvolve a entidade e que permite mellorar a alimentación das persoas con parálise cerebral e problemas de disfaxia. Con este método, consérvase o sabor, a aparencia e a textura orixinal dos pratos propiciando unha inxesta máis segura e inclusiva.

Así mesmo, apoia a Amicos no seu labor coas persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise ou dano cerebral. Desenvolvemos diversas iniciativas, como o calendario solidario ou o festival Festirititi, que celebra a súa 7ª edición este martes en Boiro. Recentemente, inauguramos conxuntamente o Bosque Gadis, unha acción inclusiva e que, ao mesmo tempo, fomenta a sustentabilidade ambiental e dá emprego a catro persoas. Estes traballadores das Ecobrigadas de Amicos plantaron 300 bidueiros para rexenerar de forma natural unha parcela do municipio de Curtis con especies autóctonas de Galicia.

Promover a inclusión social a través do deporte

Gadis é patrocinador oficial desde o 2007 do Plan de Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico (ADOP) co fin de visibilizar a importancia do deporte adaptado como elemento de cohesión e inclusión social. Un apoio co que tamén queremos transmitir á sociedade a importancia de valores como o esforzo persoal, o afán de superación e a motivación.

Favorecer a integración a través do deporte na contorna máis próxima é outro dos obxectivos. Ao longo deste ano, colaboramos coa Carreira Solidaria organizada por ADACECO (Asociación Dano Cerebral Adquirido) na Coruña, a III Carreira e Andaina Solidaria “Camiñando polo dano cerebral” en Lalín, a través de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), as marchas ciclistas unificadas de Special Olympics Galicia ou a marcha solidaria de AMBI Bierzo (Asociación con Persoas de Discapacidade Física do Bierzo), un percorrido circular accesible por Ponferrada e a contorna do río Sil.

Outra das organizacións ás que apoiamos é ASPAYM Castela e León, que ofrece servizos multidisciplinares a persoas con diversas capacidades para axudarlles a desenvolver o seu proxecto de vida, mediante o empoderamento, e a defensa da igualdade de oportunidades.


OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha