APOIAMOS A 57ª FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
20 FEBREIRO, 2025
Mantémonos como patrocinadores oficiais da Feira do Cocido de Lalín, que celebra a súa 57ª edición. Esta colaboración, que levamos a cabo desde fai máis de dez anos, forma parte do noso propósito de aumentar o impacto positivo na contorna mediante o nosos valores principais: proximidade e arraigamento ao territorio.
O respaldo a esta Festa de Interese Turístico Internacional está estreitamente relacionado coa actividade de Gadis, a través da que impulsamos o tecido produtivo local mediante as compras a máis de 1.000 provedores de alimentación de proximidade, tanto de produtos frescos como elaborados.
Esta política non só favorece as economías locais, senón que tamén ten un impacto positivo na sustentabilidade ambiental, ao reducir os roteiros de transporte. Fomentamos, ademais, o consumo de produtos galegos en toda a nosa rede de supermercados, tanto en Galicia como en Castela e León.
A colaboración coa Feira do Cocido de Lalín facilita o desenvolvemento dun completo programa cultural e gastronómico, que se estende durante varias semanas e cuxo punto culminante é este domingo 23 de febreiro.
A gastronomía como motor da identidade territorial
Compartimos a mesa visión coa Feira do Cocido de Lalín sobre o papel fundamental que xoga a gastronomía na cohesión territorial, e que as festas populares deste tipo convertéronse nun símbolo do arraigamento cultural e social da comunidade. Estas son as razóns polas que apoiamos outras celebracións destas características, como a Festa da Merluza do Celeiro, Festa da Empanada de Bandeira, a Festa do Polbo do Carballiño, a Festa do Polbo de Mugardos, a Feira do pan de Carral, a Festa do Albariño de Cambados, así como as Feiras do Viño Ribeiro e de Amandi-Sober, entre outras.
Desde Gadis queremos subliñar que esta clase de eventos atrae cada vez a máis persoas, contribuíndo a que as tradicións perduren ao longo do tempo e transmítanse de xeración en xeración. Un compromiso que forma parte do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa.
Os produtos galegos en Gadis
Desde hai xa varias semanas habilitamos espazos prioritarios nos Supermercados Gadis, nos que podedes atopar a máis ampla variedade de produtos para preparar pratos e sobremesas típicos do Entroido.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”