Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

ABRIMOS UN GRAN SUPERMERCADO GADIS EN SANXENXO

27 NOVEMBRO, 2024

Imagen Noticia  ABRIMOS UN GRAN SUPERMERCADO GADIS EN SANXENXO

Estamos de estrea en Sanxenxo, onde inauguroumos un funcional supermercado Gadis que destaca pola súa comodidade: tanto nos espazos interiores como no exterior, onde conta con 163 prazas de aparcadoiro gratuíto para maior confort dos clientes. Con preto de 2.000 m2 de superficie total, o establecemento construíuse nunha parcela independente en Lugar Vinquiño e edificouse seguindo estritos parámetros de sustentabilidade, eficiencia enerxética e accesibilidade.


O novo Gadis pon ao voso dispor a maior variedade de produtos do mercado: máis de 10.000 artigos cos mellores frescos, marcas recoñecidas a prezos competitivos, da marca propia IFA e numerosas referencias veganas, ecolóxicas, sen glute e a granel, seguindo as tendencias de consumo actuais.

En liña coa filosofía empresarial, priorizamos as seccións de produto fresco, que aúnan variedade, calidade e prezo, así como a atención no mostrador tradicional. Isto fomenta a captación e retención de talento, con profesionais especializados que prestan atención directa en peixaría, carnicería, chacinería, froitería e panadería.

Eficacia no servizo e amplitude de horario

Un persoal composto por 39 profesionais, dos que 14 incorpóranse á compañía, brindan un servizo personalizado aos clientes, que podedes facer a compra no amplo horario ininterrompido, de 9 a 21.30 horas, de luns a sábado. Tamén tendes á vosa disposición www.gadisline.com




Sustentabilidade e eficiencia enerxética

A sustentabilidade guiou o proceso de construción do novo Gadis de Sanxenxo, no que se primou o aproveitamento de luz natural do exterior e dotouse con modernos sistemas de frío e calor para unha maior eficiencia enerxética. O mobiliario de última xeración, a configuración dos espazos e os amplos corredores garanten, así mesmo, a accesibilidade e comodidade a todos os perfís de clientes.

Sorteos para celebrar a apertura

Celebramos a apertura do supermercado cun sorteo entre os clientes, que recibiredes un cupón por cada 10 euros de compra entre o 28 de novembro e o 11 de decembro. Os premios son un iPhone 16, un aspirador Dyson V15 e unha PLAYSTATION 5.


Apoio ás familias

Proporcionar máis benestar das familias é un dos compromisos de Gadis cos nosos clientes, aos que transferimos aforro mediante as ofertas diarias das Oportunigadis e con máis de 400 artigos semanais ao mellor prezo en folleto. Tamén a través de cupóns desconto na APP Gadis+.


OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha