Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Xenerosidade en Maio Solidario

18 XUÑO, 2025

Imagen Noticia Xenerosidade en Maio Solidario

Por decimoterceiro ano consecutivo, entre o 2 e o 31 de maio impulsamos a campaña Maio Solidario, na que participaron 202 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León. Nesta edición as doazóns sumaron 140.000 quilos de produto e unha achega económica de 67.662 €, que se distribuíron entre as entidades participantes. Estes resultados foron posibles grazas á xenerosidade da nosa clientela, á implicación dos Bancos de Alimentos e dos nosos profesionais, e á propia contribución que realiza Gadisa.

As achegas repartíronse entre os 12 Bancos de Alimentos cos que colaboramos de maneira habitual: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Segovia, Salamanca, Valladolid e Zamora. Son as entidades destinatarias desta campaña porque, grazas á súa rede, conseguen efectuar unha repartición equitativa da axuda a 800 asociacións en Galicia e Castela e León, que atenden a aproximadamente 100.000 persoas en situación de vulnerabilidade.

Maio Solidario, iniciativa referente do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa

En Gadis poñemos en marcha unha lista extensa de accións solidarias que se sitúan como un dos focos principais do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa e constitúen o 26% de todas as accións que realizamos.

Polo carácter da nosa organización, asumimos un compromiso consciente na loita contra a fame. Ao longo do ano activamos diferentes campañas de doazón de alimentos, produtos de primeira necesidade e recollida de fondos, para contribuír ao benestar da nosa comunidade máis próxima e de persoas en risco de exclusión.

A iniciativa Maio Solidario é, sen dúbida, un dos nosos proxectos insignia. Ao longo dos seus trece anos de traxectoria, logramos recadar preto de 1,80 millóns de quilos de alimentos e máis de 292.000 €. A nosa clientela comparte visión e compromisos connosco, interésanse por contribuír e implicarse coa súa comunidade local. Á súa vez, os Bancos de Alimentos realizan un excelente labor á hora de mobilizar voluntariado que estea presente durante a campaña nos 202 supermercados. Sabemos que estas persoas dedican o seu tempo para que iniciativas como estas saian adiante. Desde Gadis acompañámolas e tratamos de atender ás súas necesidades para que a experiencia sexa o máis enriquecedora posible.

Máis aló do proxecto Maio Solidario, tamén activamos outras iniciativas de carácter social e solidario:

  • Colaboración coa Cocina Económica. Asumimos un compromiso de continuidade con esta asociación a través de doazóns para contribuír ao traballo que desenvolven con persoas en risco de exclusión social e en situación de vulnerabilidade.
  • A Gran Recollida. Desde fai dez anos, colaboramos coa Federación de Bancos de Alimentos (FESBAL) na súa iniciativa A Gran Recollida para recadar alimentos, produtos de hixiene e achegas económicas. En 2024, recolleuse un total de 233.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene e 96.000 €, cuxos destinatarios son os Bancos de Alimentos de Galicia e Castela e León.
  • A Compra da túa Vida. Colaboramos coa Asociación Española contra o Cancro a través de doazóns económicas co obxectivo de obter fondos para financiar proxectos de investigación, apoiar a atención integral dos pacientes e acompañar á contorna familiar. En 2025, recadáronse 34.149 € en 222 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León.
  • Colaboración regular con UNICEF. Desde 1993 colaboramos con UNICEF a través de diversos programas destinados a axudar a familias, nenas e nenos en situación de pobreza e exclusión social. De forma concreta, en 2024, enviamos 12.075 vacinas contra a polio e sobres de alimento terapéutico, máis de 2,11 millóns de pastillas potabilizadoras, así como un total de 4.025 kits de supervivencia con estas subministracións esenciais
  • Alimenta a Amizade. Comprometémonos co benestar animal con este proxecto de doazón de produtos de alimentación e hixiene para animais sen fogar que se atopan ao coidado de entidades de protección animal. Ademais de contribuír ao traballo de todas estas entidades, a campaña tamén busca concienciar sobre os dereitos dos animais e promover prácticas éticas e responsables.

O impacto positivo da solidaridade

A solidariedade é unha das grandes apostas da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa. As iniciativas que realizamos baixo esta premisa representan aproximadamente o 26% das nosas accións anuais, evidenciando a implicación da nosa organización co tecido social. Parécenos imprescindible colaborar con entidades do terceiro sector que traballan para mellorar a situación de moitas persoas vulnerables. Dado o carácter da nosa organización, dedicámonos particularmente a apoiar a aquelas institucións que traballan por eliminar a fame e promover estilos de vida saudables. Así, impulsamos iniciativas solidarias que teñen un impacto positivo real nas comunidades, xa que contribúen a eliminar as desigualdades e a construír un futuro máis xusto e sostible. Como organización, enorgullecernos xerar un espazo onde teñen cabida a solidariedade e o intercambio, auspiciado por Gadis pero que sería imposible sen a colaboración de miles de persoas.



Cos nosos proxectos solidarios tamén contribuímos a alcanzar as metas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. No caso concreto de Maio Solidario, contribuímos ao ODS. 1 Fin da pobreza, ODS 2. Fame cero, ODS 10. Redución de desigualdades e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha