Vémonos de festival este verán!
26 XUÑO, 2025
Agora que xa comezou oficialmente o verán, en Gadis miramos con expectación o calendario porque se aveciñan varias citas festivaleras. Dentro da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa, o apoio ao desenvolvemento cultural e deportivo da nosa contorna é unha das liñas estratéxicas máis destacadas polo potencial de ambas industrias. Así é como, cada ano, apoiamos máis de 1.500 iniciativas da sociedade civil, como festivais ou eventos deportivos.
En Gadis “Somos cultura” e gústanos participar tanto en eventos e festivais consolidados con longas traxectorias, como en eventos emerxentes que atenden especialmente ás novas xeracións e novas correntes artísticas. Parécenos imprescindible promover diferentes manifestacións culturais e artísticas, sobre todo aquelas vinculadas coas raíces da nosa cultura galega. Implicámonos coa cultura local para xerar un impacto socioeconómico na nosa comunidade máis próxima. Á súa vez, tamén buscamos formar parte daqueles proxectos e festivais que poñen a Galicia no mapa á hora de ofrecer programacións con presenza de artistas internacionais, oportunidades únicas e inspiradoras. Traballamos desde o talento local para lograr un alcance global.

Por que apostamos polos festivais de música?
Dentro das diferentes disciplinas culturais, a música en directo contribúe de forma única á construción dunha identidade colectiva, á creación de comunidade e a fortalecer os vínculos persoais. É por iso que cada verán, desde Gadis, sumámonos a todos aqueles festivais cos que compartimos valores, ben pola súa aposta pola sustentabilidade, a xestión de residuos e o seu compromiso coa cultural local, ben pola oferta dunha experiencia única xa sexa pola súa programación internacional, o seu formato innovador vinculado coa gastronomía local ou porque se organizan desde unha comunidade local que traballa para dinamizar o territorio.
En 2025, o noso programa de colaboración e patrocinios ten previsto apoiar a máis de 20 festivais de música entre Galicia e Castela e León. Gústanos formar parte deste formato de eventos porque queremos contribuír á dinamización cultural da nosa contorna, compartindo espazo físico con gran parte da nosa clientela e gozando da música en directo mentres contribuímos ao crecemento socioeconómico.
1751012225335.jpg)
Onde nos poderemos atopar este verán?
O noso calendario de colaboracións con festivais de música comezou o 25 de abril no FIV de Vilalba, e alongarase ao longo de todo o verán ata terminar a tempada o 1 de novembro no Castañazo en Chantada.
Colaboramos tamén con grandes citas musicais. Así, a nosa presenza en O Son do Camiño, festival para o que sorteamos 222 abonos dobres, permitiunos estar en contacto coa nosa clientela e persoas asistentes a través da caseta que instalamos, no que podían participar en varios sorteos e adquirir o noso merchandising. Tamén nos parece importante destacar a nosa colaboración co Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, evento co que mantemos unha relación de complicidade desde hai máis de 20 anos pola súa implicación e compromiso coa cultura e a música galega como aceno de identidade do seu programa.

Dentro da selección de grandes eventos musicais, colaboramos co Festival Revenidas en Vilaxoán de Arousa, o Festival de la Luz en Boimorto, a Carballeira de Zas ou o Festival Portamerica en Caldas de Reis, cita imprescindible para aquelas persoas afeccionadas da gastronomía. Fóra de Galicia, os nosos patrocinios principais sitúanse no Festival VinToro en Zamora e no Festival Planeta Sound en Ponferrada. Outras citas na comunidade galega son o Festival Osa do Mar en Burela, o Silfest de Valdeorras, o Recorda Fest na Coruña ou o Esmorga Fest en Sarria, entre outros. Ademais, a través de Gadis Música realizamos sorteos de entradas dobres para moitos destes festivais e tamén para a programación referencial do Naútico de San Vicente, no Grove.

O impacto positivo de apoiar os festivais musicais
O noso formato de colaboración e patrocinio cos festivais de música ten como obxectivo contribuír a que o tecido cultural de Galicia e Castela e León poida crecer e continuar apostando pola creación artística local, nacional e internacional. Desde Gadis contribuímos ao desenvolvemento cultural das comunidades nas que operamos favorecendo a democratización da cultura e a redución das desigualdades.
1751012476150.jpg)
Como parte da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa, apoiamos de maneira anual 1.500 iniciativas da sociedade civil, festivais ou eventos deportivos. Queremos contribuír á dinamización sociocultural da nosa contorna e, por iso, mantemos un diálogo constante co sector cultural, especialmente, coas entidades e persoas promotoras dos festivais de música. Encántanos atoparnos cada ano gozando da música en directo.
1751012757282.png)
Co apoio directo aos festivais de música, contribuímos a alcanzar as metas da Axenda 2030, especialmente os ODS 10. Redución das desigualdades e o ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra