Un modelo de negocio centrado nas persoas
10 DECEMBRO, 2025
En Gadis poñemos ás persoas no centro, favorecendo o emprego inclusivo, equitativo e seguro, asumindo compromisos a longo prazo cos nosos provedores e provedoras locais, anticipando as necesidades da nosa clientela e construíndo un negocio sostible e respectuoso co medio ambiente.
Contamos con 8.800 postos de traballo directos no persoal do Grupo Gadisa en Galicia e Castela e León, un 4% máis que en 2023. Son estas persoas as que constrúen Gadis e as que fan posible o noso día a día e que a nosa clientela continúe confiando nos nosos supermercados para abastecer os seus fogares.
Sabemos que a variedade, a calidade, as localizacións das nosas tendas, así como a nosa oferta de produtos frescos e de proximidade, son algúns dos motivos polos que a nosa clientela escolle Gadis. Pero, sen dúbida, a atención personalizada e as seccións de produtos frescos con persoal especializado constitúen un aspecto esencial para diferenciarnos e estar presentes nos fogares de máis dun millón de persoas.
Os valores que nos representan
En Gadis, impulsamos un modelo de negocio baseado na transparencia, a responsabilidade e o cumprimento ético. Traballamos para consolidar unha gobernanza sólida e resistente que promove o diálogo e a escoita activa cos grupos de interese, reforzando as relacións, a confianza e fomentando un impacto positivo nas comunidades nas que operamos.
O noso Código Ético é o piar para construír un negocio aberto, baseado na innovación e que sitúa ás persoas no centro. Este documento asegura o cumprimento normativo, a prevención de riscos laborais e a toma de decisións estratéxicas apoiadas en criterios éticos e compartidos coas persoas traballadoras.
Así, fomentamos unha contorna profesional inclusiva, equitativa e segura para todas as persoas, onde o persoal se poda expresar de xeito libre e honesto. Habilitamos canles de comunicación que favorecen a escoita activa a través de enquisas e doutros medios internos.
1765462616467.jpg)
O noso equipo no centro
Nos nosos 475 supermercados, hipermercados e tendas en Galicia e Castela e León, traballa un equipo amplo de profesionais que mantén este proxecto a flote, desde a proximidade, o compromiso, o diálogo e a innovación. En 2024, creáronse 322 novos postos de traballo e ofrecemos ao noso persoal máis de 16.000 horas de formación porque queremos reter o talento e proporcionar oportunidades de desenvolvemento profesional en Gadis. Algo que se constata coas 776 promocións internas que impulsamos o ano pasado.
Queremos que o noso persoal atope o equilibrio real en materia de conciliación da vida persoal e laboral, con medidas que faciliten a flexibilidade horaria. En 2024, 594 persoas traballadoras acolléronse ao horario adaptado á conciliación familiar. Ademais, creamos oportunidades de acceso ao primeiro emprego grazas á alianza con entidades educativas como a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade Europea ou o alumnado de FP Dual de graos afíns á nosa actividade empresarial. En 2024, acollemos a 402 persoas en formación, das cales 269 eran alumnado en prácticas e 133, en formación ocupacional. Cabe destacar que o 53% do alumnado en formación ocupacional (73 persoas) foi contratado para continuar o seu desenvolvemento profesional en Gadis.
Relacións a longo prazo cos provedores e provedoras locais
Mantemos unha relación estable e a longo prazo cos nosos provedores e provedoras locais non só para garantir a oferta dunha ampla variedade de produtos frescos e de proximidade, senón tamén para dinamizar a economía local e minimizar o impacto no medio ambiente. O ano pasado traballamos con 980 provedores e provedoras locais de alimentación, con quen construimos relacións baseadas na confianza, o compromiso mutuo e o desenvolvemento compartido, que nos permiten ter un equilibrio e xerar un valor engadido nas comunidades locais nas que operamos.
Nos acordos cos nosos provedores e provedoras locais apostamos polas condicións de traballo dignas a través de cláusulas sociais incluídas nos contratos, acción que complementamos coa difusión do noso Código Ético e da Política de Responsabilidade Social Corporativa.
Esta relación cos provedores e provedoras locais tan só é posible grazas a unha infraestrutura loxística eficiente e sostible, que asegura a distribución de produtos nos tempos establecidos e garante que sexan entregados frescos e en perfectas condicións.
O impacto positivo de poñer ás persoas no centro
Tanto as persoas traballadoras como os provedores e provedoras cos que traballamos son protagonistas e responsables do impacto positivo de Gadis nos fogares das familias de Galicia e Castela e León. Construír relacións fortes e duradeiras garante unha vínculo resiliente baseado na confianza e na escoita activa, que é clave para priorizar a innovación e a transformación. Ter un impacto positivo directo na economía local e nas comunidades da contorna é un dos piares do noso modelo de negocio.
(1)1765463389329.png)
Cremos que é necesario atender aos retos globais desde o local e por iso comprometémonos coas metas dos ODS 8. Traballo decente e crecemento económico, ODS 9. Industria, innovación e infraestrutura e o ODS 10. Redución das desigualdades.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra