Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Sostibilidade en acción: coidemos do noso

11 MARZO, 2026

Imagen Noticia Sostibilidade en acción: coidemos do noso

O 22 de marzo celébrase o Día Mundial da auga, unha data na que se convida a reflexionar sobre a importancia dun dos recursos máis imporantes para a vida no noso planeta. En Gadis, consideramos que o compromiso coa sostibilidade e a protección dos recursos naturais non só é unha responsabilidade, senón unha oportunidade para actuar e marcar a diferenza. Hoxe queremos compartir como estamos a traballar para reducir o noso impacto ambiental, preservar a auga e contribuír a un futuro máis sostible para todos e todas.

Onde flúe a auga, crece a igualdade

O lema deste ano “Onde flúe a auga, crece a igualdade” pretende poñer o foco en que a crise mundial da auga afecta de maneira desigual á poboación, impactando máis en mulleres e nenas e en comunidades sen acceso a auga potable e saneamento. Nun contexto de riscos crecentes (clima cambiante, desastres, falta de financiamento, normas sociais), é fundamental que non se exclúa a ninguén na xestión da auga como ben común para fortalecer a resiliencia.

A auga, un recurso imprescindible e en perigo

Aínda que a auga cobre aproximadamente o 71% da superficie da Terra, só o 2,5% é auga doce, apta para o consumo humano e a agricultura. Por iso, o acceso a auga potable segue a ser un desafío en moitas rexións do mundo, e o cambio climático, a contaminación e o uso insostible ameazan a súa dispoñibilidade. A ONU xa advertiu de que, se non se actúa con urxencia, en 2030, máis de 1.800 millóns de persoas poderían vivir en países ou rexións con estrés hídrico.



En Gadis somos conscientes de que a xestión eficiente da auga é fundamental para garantir a calidade dos nosos produtos, reducir o impacto ambiental e contribuír á conservación do planeta. Por iso, adoptamos diferentes medidas e estamos a desenvolver diversas accións para garantir un uso responsable:

Optimización do uso da auga nas nosas instalacións. Xestionamos o uso de auga e monitorizamos o seu consumo co propósito de implantar medidas de mellora continua e de redución de consumo:

  • Control de consumos por unidades produtivas e por procesos.
  • Reutilización de augas pluviais nalgunhas plantas.
  • Recirculación das augas de arrefriado.
  • Melloras de procesos como o incremento de ciclos e mellora da calidade de auga engadida para compensar as perdas por evaporación.

Formación e sensibilización. O cambio comeza desde dentro. Por iso, sensibilizamos ás nosas persoas traballadoras para que adopten boas prácticas no manexo da auga. Ademais, entre os contidos do noso programa educativo Alimentes, incluímos unha unidade didáctica sobre o ciclo da auga para concienciar sobre o coidado deste recurso.

Compromiso con provedores e provedoras sostibles. Traballamos con produtores e produtoras que comparten o noso compromiso coa sustentabilidade. Favorecemos aqueles que aplican prácticas responsables no uso da auga nos seus procesos, promovendo unha cadea de subministración que respecta o medio ambiente e axuda a reducir a pegada hídrica dos nosos produtos.

Redución do desperdicio alimentario. O desperdicio alimentario non só é un problema social, senón tamén ambiental. Ao reducir as perdas en toda a cadea de subministración, estamos a diminuír a necesidade de recursos hídricos utilizados na produción, transporte e almacenamento de alimentos. Estas son algunhas das accións que poñemos en marcha para mitigalo:

  • Unha correcta planificación de stocks, cun volume adecuado de produtos en tenda en cada momento.
  • A análise de toda a nosa oferta de produtos frescos. Adaptamos constantemente a oferta á demanda, para promover altas taxas de rotación que se reflicte nunha maior frescura.
  • Promoción da redución do desperdicio alimentario, poñendo ao dispor de nosa clientela produtos máis frescos que duran máis tempo sen estragarse, e sensibilizando e creando conciencia na sociedade, tamén a través do noso programa Alimentes.

O impacto positivo de coidado dos recursos hídricos

O Día Mundial da auga é un recordatorio de que a sustentabilidade é un camiño continuo. En Gadis, establecemos metas ambiciosas para reducir o noso impacto hídrico nos próximos anos, incluíndo a implementación de tecnoloxías máis eficientes, o incremento da oferta de produtos sostibles e de baixo consumo de auga, a promoción de prácticas responsables no uso da auga e a medición do noso impacto, buscando sempre mellorar e ser un exemplo de sostibilidade no sector.

Todas as persoas temos un papel na protección da auga e do medio ambiente. Como empresa, asumimos a nosa responsabilidade de actuar con conciencia e compromiso, pero tamén necesitamos a colaboración da nosa clientela, o noso persoal e os nosos provedores e provedoras para lograr un cambio real.

A coidado da auga é un compromiso moral co noso planeta e as futuras xeracións. Neste sentido, estamos comprometidos a seguir traballando por un mundo máis sostible, promovendo prácticas responsables, innovando nos nosos procesos e sensibilizando a toda a nosa comunidade. Desta maneira, contribuímos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 3 (Saúde e benestar), 6 (Auga limpa e saneamento), 10 (Redución das desigualdades), 11 (Cidades e comunidades sostibles) y 13 (Acción polo clima).


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha