Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Resumo Alimenta a Amizade 2024

6 NOVEMBRO, 2024

Imagen Noticia Resumo Alimenta a Amizade 2024

Entre o 1 e o 13 de outubro tivo lugar a sexta edición da campaña Alimenta a Amizade, a iniciativa do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa que, desde 2019, ten como obxectivo apoiar a organizacións que traballan polo benestar animal. Máis de 200 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León uníronse a esta acción e habilitaron espazos para depositar produtos de alimentación e hixiene para o coidado de cans e gatos sen fogar que están a cargo de asociacións e protectoras da contorna. Ademais, a clientela tivo tamén a opción de realizar unha doazón económica ao pasar por caixa se así o prefería. A continuación presentamos algúns dos datos e resultados máis destacados de Alimenta a Amizade 2024.

Resumo Alimenta a Amizade 2024

A sexta edición de Alimenta a Amizade bateu récord de participación, con 72 entidades de Galicia e Castela e León e 203 tendas Gadis colaboradoras. En total, recolléronse 80.727 quilos de produtos de alimentación e hixiene ao longo dos trece días que estivo activa a campaña. Unha cifra que supera en máis de 15.000 quilos a cantidade entregada o ano pasado a organizacións que asisten a cans e gatos sen fogar en Galicia e Castela e León.

Este ano, a campaña contou cunha destacada participación da clientela dos nosos supermercados, xa que, ademais dos produtos de hixiene e alimentación, realizaron donativos económicos por un total de 3.919 euros. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, Gadis complementou esta cantidade con preto de 17.000 euros adicionais. Desta maneira, case 21.000 euros serán distribuídos entre as 72 entidades que participaron nesta edición.

Sen dúbida, o labor das persoas voluntarias das organizacións participantes foi fundamental para o éxito desta iniciativa solidaria, xa que foron as que estiveron nos puntos de venda proporcionando información sobre o traballo que realizan, sobre as súas necesidades e sobre os animais que teñen ao seu cargo. As entidades beneficiarias da campaña localízanse en diversas provincias de Galicia e Castela e León, incluíndo A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, así como Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora, nas que Gadis ten presenza cos seus supermercados.

O impacto positivo de Alimenta a Amizade

Cada ano, a participación tanto de entidades como de tendas na campaña Alimenta a Amizade vai en aumento. Na actualidade, máis de 70 organizacións de Galicia e Castela e León reciben a solidariedade da clientela, á que se suma a achega propia de Gadis, e son máis de 200 tendas as que participan nesta iniciativa para apoiar a asociacións e protectoras da contorna. Esta campaña permítelles cubrir parte das súas necesidades alimentarias e de mantemento das súas instalacións. Desde o seu inicio, Alimenta a Amizade logrou recadar máis de 400.000 quilos de produtos para o coidado de animais en situación de vulnerabilidade, aos que se suman case 73.000 euros en vales de compra. Esta acción enmárcase dentro do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis e leva a cabo cada ano na primeira quincena de outubro, coincidindo co Día Mundial dos Animais que se celebra o 4 de outubro.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha