Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Pequenos ecoconsellos en Gadis

13 NOVEMBRO, 2024

Imagen Noticia Pequenos ecoconsellos en Gadis

A redución de residuos e a súa correcta xestión é un dos principios básicos do compromiso ambiental de Gadis. Por iso, ao noso sistema interno de clasificación e reciclaxe de envases e embalaxes, súmanse as diferentes propostas que implantamos para facilitar que a nosa clientela poida participar tamén na redución e xestión de residuos en todos os puntos de venda. Estas iniciativas, baseadas principalmente nunha aposta pola economía circular, están dirixidas á reutilización e o uso de materiais sostibles, e forman parte dos pequenos ecoconsellos que queremos transmitir a todas as persoas que fan a compra nos nosos establecementos.

Xestión responsable dos residuos

En Gadis non só cumprimos de maneira estrita co estipulado pola normativa vixente, senón que tamén deseñamos unha serie de medidas que sustentan as nosas bases de negocio sostible. Neste sentido, ofrecemos información á nosa clientela sobre os impactos ambientais e as obrigacións de xestión dos residuos dos envases dos produtos, que poden atopar en lugares destacados dos nosos establecementos:

  • Obrigacións da persoa consumidora no referente á devolución dos envases reutilizables e á separación dos residuos de envases nos distintos contenedores ou puntos de recollida establecidos, conforme á forma de xestión establecida.
  • Promoción das bolsas reutilizables e optimización da utilización das bolsas dun só uso.
  • Información sobre a disponibilidade no comercio de envases reutilizables, así como sobre a posibilidade de uso de recipientes reutilizables por parte da persoa consumidora de conformidade co establecido no artigo 9.3 da Lei 7/2022.

Pequenos ecoconsellos en Gadis

Como parte do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, en Gadis procuramos adiantarnos á normativa para promover o impacto positivo das nosas actuacións, tratando de ofrecer alternativas de compra máis sostibles nos puntos de venda. Por iso, levamos anos poñendo en marcha acciones para reducir os plásticos dun só uso na experiencia de compra e mitigar o impacto a través de pequenos ecoconsellos á nosa clientela. Entre eles, cabe destacar a recomendación de planificar a compra con antelación para evitar o desperdicio alimentario, a de reciclar e a de evitar bolsas, embalaxes e envases dun só uso a través das seguintes iniciativas:

  • Poñemos ao dispor de clientela bolsas de papel gratuitas e de malla reutilizables para impulsar a redución de residuos e a eliminación dos plásticos dun só uso, así como bolsas 100% biodegradables en todas as nosas seccións de produto fresco.
  • Ofrecemos á clientela a posibilidade de empregar os seus propios envases reutilizables para a adquisición dos alimentos frescos.
  • Ao pasar por caixa, é posible adquirir bolsas reutilizables e, nalgúns dos nosos supermercados, tamén é posible comprar bolsas da compra do proxecto D-Lonas da Fundación ADCOR para apoiar este proxecto de inserción social no que persoas con discapacidade intelectual reutilizan material publicitario para fabricar as bolsas.
  • A atención personalizada minimiza o uso de envoltorios.
  • O noso amplio catálogo de productos a granel permite reducir os envases.
  • Buscamos opcións de embalaxe para as seccións de produto fresco como a charcutería que facilitan a separación de materiais e a súa reciclaxe.
  • Realizamos descontos en produtos próximos á data de consumo preferente e doazóns de produtos para evitar o desperdicio alimentario.
  • Contamos con recollida diferenciada para papel e cartón, envases de plástico, latas e briks e residuos orgánicos. Ademais, en determinados establecementos recollemos outros residuos, como pilas ou RAEEs.
  • Colaboramos con Círculo RECICAP para dar a opción de refugar cápsulas de café usadas en 79 supermercados.

Cabe destacar que, no ano 2020, Gadis foi pioneiro coa posta ao dispor da nosa clientela de bolsas 100% biodegradables, compostables, reciclables e reutilizables en todas as seccións de produto fresco. Estas bolsas, elaboradas a partir da fécula da pataca, desaparecen en menos de 180 días sen efectos contaminantes para o medio ambiente. O seu modelo de produción baséase na economía circular, xa que a súa capacidade para a compostaxe permite a súa conversión en abono para a agricultura biolóxica. Para a súa reciclaxe, deben ser depositadas nos contedores de cor marrón, destinados a biorresiduos.

O impacto positivo destes ecoconsellos en Gadis

A sustentabilidade é unha das claves da filosofía empresarial de Gadis. Como parte desta estratexia, volvemos a introducir no mercado máis de 8.979 toneladas de cartón, que se empregan nos supermercados como caixas. Tamén transformamos máis de 772 toneladas de polietileno de baixa densidade transparente en filme estirable, que se utiliza nos nosos puntos de venda. De feito, o selo “De Residuos a Recursos Zero á Entulleira” que recibimos por segundo ano consecutivo acredita que valorizamos o 97,85% dos residuos que xeramos en 2023.

Coa posta en marcha de todas estas actuacións, contribúese ao cumprimento de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 12. Produción e consumo sostibles, ODS 13. Acción polo clima, ODS 14. Vida submarina e ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha