Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

ODS 2: fame cero

15 ABRIL, 2026

Imagen Noticia ODS 2: fame cero

No ano 2015 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou por unanimidade a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Esta iniciativa histórica, tanto polo alcance do consenso como polas súas novas medidas, presenta un plan de acción en favor das persoas, o planeta, a prosperidade e a paz universal. Estrutúrase a través de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e 169 metas concretas que se deben desenvolver ata 2030. Nesta publicación falaremos dun dos Obxectivos que en Gadis consideramos prioritario, o ODS 2. fame cero.

O ODS 2 ten como obxectivo rematar coa fame no mundo en 2030. Con todo, a problemática da fame e a inseguridade alimentaria aumentou a nivel global desde 2015 debido a diferentes crises mundiais: a pandemia, os conflitos, o cambio climático, o aumento do custo da vida e o afondamento das desigualdades. En 2022, aproximadamente 735 millóns de persoas (o 9,2% da poboación mundial) atopábanse en estado de fame crónica, unha cifra crecente que revela a crise nesta materia.

Garantir a seguridade alimentaria require do compromiso de diferentes actores e dun enfoque pluridimensional e aliñado. A consecución deste Obxectivo céntrase en salvagardar os alimentos inocuos e nutritivos, en asegurar o acceso a unha alimentación nutritiva —especialmente para as infancias e os colectivos vulnerables—, en garantir a viabilidade, o traballo digno e a innovación na transformación dos sistemas alimentarios, e en investir nas comunidades rurais —claves para o desenvolvemento dun sector alimentario de proximidade, sostible a longo prazo—.

Como podes contribuír á consecución do ODS 2?

Todas as persoas temos a capacidade de contribuír á consecución do ODS 2 desde as nosas realidades. No noso día a día, apoiar a agricultura e os mercados locais, priorizar alimentos sostibles e loitar contra o desperdicio alimentario son accións clave neste proceso.

Aproximadamente, desperdíciase un terzo dos alimentos que se producen a nivel mundial, polo que realizar unha compra responsable, calcular correctamente as cantidades e almacenar de xeito adecuado a comida para consumila noutro momento son pequenas accións que teñen un gran impacto.

Para alcanzar a fame cero en 2030, é imprescindible que institucións públicas, organizacións e cidadanía traballen de xeito coordinado, dando prioridade a solucións que permitan reducir desigualdades sociais, que transformen sistemas alimentarios e mercados e que invistan en prácticas agrícolas sostibles, buscando o acceso universal a unha alimentación nutritiva.

Que facemos en Gadis?

En Gadis contribuímos ao ODS 2 a través de compromisos con diversas organizacións, tanto a nivel local como con alcance estatal e internacional.

Estas alianzas estratéxicas permítennos ofrecer recursos a persoas con difícil acceso a unha alimentación nutritiva, prestando especial atención á infancia e a persoas e familias en situación de vulnerabilidade:

● Colaboración anual con UNICEF: desde 1993 colaboramos anualmente con UNICEF para mellorar a calidade de vida das persoas, especialmente da infancia. En 2025, a nosa colaboración traduciuse nunha doazón económica para atender a 15.057 nenos e nenas de países en emerxencia a través de tratamento nutricional. Enviáronse 5.019 kits de alimento terapéutico, unha solución rica en nutrientes destinada a loitar contra a desnutrición aguda infantil en territorios e países afectados por graves crises humanitarias.

Tamén colaboramos con varias iniciativas de doazón de alimentos para as comunidades locais nos nosos supermercados de Galicia e Castela e León:

● Maio Solidario: unha das nosas accións sociais máis representativas que cumpre, este 2026, 14 edicións e que contribúe ao benestar de familias e colectivos en situación de vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que activamos en colaboración con 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. En 2025, grazas á xenerosidade da nosa clientela, recadamos máis de 140.000 quilos de produtos e conseguimos unha achega económica de 67.662 €.

● A Gran Recollida: desde hai once anos, participamos nesta campaña promovida pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). En 2025, recadamos 220.000 quilos de alimentos e 82.331 € en 211 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León.

Ademais, de xeito complementario, realizamos doazóns recorrentes de alimentos a diferentes Bancos de Alimentos e a entidades do terceiro sector que traballan con colectivos en situación de vulnerabilidade para garantir o acceso a unha alimentación nutritiva ás nosas comunidades locais.

O impacto positivo do compromiso de Gadis coa consecución do ODS 2

Unha alimentación nutritiva e saudable contribúe a mitigar os riscos de padecer enfermidades, salvagarda a saúde colectiva e contribúe a xerar sociedades e comunidades activas e felices. Desde Gadis, traballamos a diario para que todas as persoas poidan ter acceso a unha alimentación digna e universal, tanto a través das iniciativas citadas anteriormente como cun modelo de negocio que prioriza aos provedores e provedoras locais e que fideliza á clientela a través dunha ampla variedade de produtos saudables a prezos accesibles, incluíndo opcións de proximidade, ecolóxicas e de tempada.

Con estas iniciativas e a nosa estratexia de negocio, contribuímos á consecución do ODS 2. Fame cero. De xeito complementario, axudamos a alcanzar as metas expostas polo ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos, xa que as persoas e entidades colaboradoras ocupan un papel protagonista no noso impacto positivo.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha