O noso impacto económico 2024
27 AGOSTO, 2025
Continuamos compartindo algúns dos datos máis relevantes da nosa Memoria corporativa Gadisa Retail 2024 que publicamos recentemente. Con este documento cumprimos co noso compromiso de transparencia na xestión e compartimos o impacto da nosa empresa nos tres grandes ámbitos: económico, ambiental e social.
En 2024, continuamos apostando polo local cun modelo baseado na proximidade, a confianza mutua e o respecto, como indicamos na nosa memoria 2024, “crecemos da man das comunidades onde temos presenza”. Seguimos cun desenvolvemento progresivo en Galicia e implicámonos co crecemento en Castela e León, a apertura do primeiro supermercado Gadis en Segovia dá boa conta diso.
1756388687258.png)
En 2024 alcanzamos unha facturación anual de 1.640 millóns de euros, fronte aos 1.569 millóns de euros en 2023. Logramos estas cifras mentres continuamos o noso compromiso coa sustentabilidade e a economía circular, con multitude de accións entre as que destacamos:
- Conseguimos dar unha segunda vida a preto do 98% dos residuos xerados en 2024.
- Reciclamos 9.109 toneladas de residuos.
E continuamos crecendo no noso impacto social, algúns dos datos principais:
- Aumentamos as iniciativas sociais coas que colaboramos superando a cifra de 1.700 eventos culturais, musicais, deportivos e de desenvolvemento local.
- Nas principais campañas solidarias de 2024 sumamos un total 463.643 quilos de produtos e recadado máis de 180.000 euros.
Principais cifras económicas de 2024
Os datos económicos de Gadis en 2024 son favorables e demostran que o modelo de negocio é resiliente, innovador e con capacidade de adaptación. As cifras de 2024 son un reflexo do compromiso que adquirimos para xerar un valor compartido, o apoio ás economías locais e a implementación de estratexias responsables que impulsan a prosperidade das comunidades onde estamos presentes.
1756388247695.jpg)
Algúns dos datos económicos destacados da anualidade 2024 son:
- Facturación anual de 1.640 millóns de euros (fronte aos 1.569 millóns de euros en 2023), dos cales 714,71 millóns son fondos propios.
- Contribuímos ao gasto público con 160,21 millóns de euros, desta cifra 54,22 millóns son cotizacións sociais e 105,99 millóns destináronse a impostos e tributos.
- Realizamos un investimento de 24,94 millóns de euros para a apertura de novos establecementos e na mellora das condicións das nosas tendas e centros loxísticos.
- Xeramos 322 novos postos de traballo, alcanzando un cadro de persoal de 8.880 persoas traballadoras, un 4% máis que en 2023.
- Contamos con 2.417 provedores locais, 980 son do sector da alimentación.
- Construímos 3 novos establecementos: 2 supermercados Gadis, en Sanxenxo e Segovia e 1 plataforma loxística de compra e distribución de peixe no porto da Coruña.
- Alcanzamos os 475 puntos de venda destes, 238 son supermercados propios e 237 establecementos franquiados.
Gobernanza e integridade
Máis aló das cifras, a gobernanza e a integridade son piares fundamentais da nosa estratexia empresarial e do crecemento económico. O noso modelo de negocio pon o foco na transparencia, a responsabilidade e o cumprimento ético. Tanto os nosos valores internos como as esixencias normativas son prioritarias na nosa toma de decisións, asumimos a visión desde un enfoque transversal que nos permite estar aliñados en todas as áreas de negocio.
1756388283076.jpg)
En Gadisa Retail contamos cun Código Ético que se sitúa como ferramenta clave no noso sistema de cumprimento e prevención de riscos. Recolle unha serie de medidas internas que garanten condutas e decisións éticas e transparentes. Algúns dos seus principios éticos e mecanismos de control principais son:
- Igualdade de oportunidades e non discriminación.
- Conciliación do traballo e a vida persoal.
- Protección do medio ambiente.
- Cumprimento da normativa e comportamento ético.
- Integridade no trato á clientela e provedores.
- Respecto ás persoas nas relacións profesionais.
O impacto positivo da sustentabilidade económica
No ano 2024 continuamos priorizando o impacto local na nosa estratexia económica e empresarial. Xeramos emprego de calidade para 322 persoas en Galicia e Castela e León, alcanzamos a cifra de 2.417 provedores locais e investimos 24,94 millóns de euros na apertura e mellora dos nosos establecementos. É imprescindible que a relación cos nosos grupos de interese se constrúa a longo prazo, comprometéndonos co desenvolvemento socioeconómico das comunidades onde operamos.
Tanto o noso modelo de negocio como as accións específicas que activamos para fortalecer a economía local contribúen á nosa achega aos ODS 8. Traballo decente e crecemento económico, ODS 9. Industria, innovación e infraestrutura, ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra