Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

O noso compromiso sostible 2024

13 AGOSTO, 2025

Imagen Noticia O noso compromiso sostible 2024

Hai uns días publicamos a Memoria corporativa Gadisa Retail 2024, un documento informativo que recolle os principais fitos da nosa actividade durante o exercicio de 2024, así como o impacto das nosas accións a través de indicadores económicos, ambientais e sociais. Este documento é importante porque nos permite exercer as nosas obrigacións en materia de transparencia, información pública e bo goberno, mentres que nos achega aos nosos grupos de interese a través dunha análise detallada dos nosos compromisos, valores e acordos.

A nosa sétima posición no último informe Merco Responsabilidade ESG España 2024, que visibiliza o traballo das empresas do noso sector que son máis responsables en termos de ESG (Enviromental, Social and Governance), avala o noso impacto ambiental, o compromiso coas persoas traballadoras, a clientela e a sociedade, así como as estratexias a nivel ético e de goberno corporativo.

En Gadis apostamos por unha resposta local aos retos globais, asumindo os compromisos do Pacto Mundial das Nacións Unidas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de forma transversal en todas as áreas de negocio. Nesta publicación compartimos os fitos máis destacables de 2024.

O noso impacto económico positivo en 2024

O impacto económico alcanzado en 2024 evidencia a nosa intención de xerar un valor compartido, contribuír ás economías locais a curto e longo prazo. Resultados económicos principais:

  • Facturamos 1.640 millóns de euros en 2024, dos cales 714,71 millóns foron fondos propios.
  • Contribuímos ao gasto público con 160,21 millóns de euros, 54,22 millóns son cotizacións sociais e 105,99 millóns impostos e tributos.
  • Investimos 24,94 millóns de euros para a apertura de novos establecementos e a mellora de supermercados e centros loxísticos.
  • Xeramos 322 novos postos de traballo, alcanzando un persoal total de 8.880 persoas traballadoras.
  • Contamos con 2.417 provedores locais, 980 son do sector da alimentación.

Promovemos os nosos valores éticos tamén entre provedores e colaboradores externos a través do noso Código Ético e da nosa Estratexia de Responsabilidade Social Corporativa, garantindo que o noso modelo de xestión e o noso vínculo cos grupos de interese estea baseado na transparencia, a responsabilidade e o cumprimento ético.

O noso impacto social positivo en 2024

En Gadis somos 100x100 locais e por iso comprometémonos coas comunidades nas que operamos. Xeramos valor engadido e colaboramos con iniciativas afíns á nosa misión. Algunhas das nosas iniciativas sociais de 2024 son:

  • Promovemos estilo de vida e alimentación saudable: a través do noso programa educativo Alimentes Dixital, no que participaron 28.501 escolares de Galicia e Castela e León, e colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA).
  • Apoio á xente nova e familias: a través descontos co carné familiar, Bebé GADIS e o “Carné Xove” da Xunta de Galicia.
  • Impulsamos iniciativas solidarias: foro “GADIS coas ONG”, distribuímos 80.727 quilos de produtos entre 72 protectoras de animais en “Alimenta a Amizade”, doamos 45.000€ nos últimos 3 anos en “La Compra de tu Vida”, apoiamos a Aspace con 88.000 menús anuais e 35.000 menús elaborados co método de alimentación texturizada.
  • Promovemos campañas de doazón de alimentos: en 2024 batemos récord de doazóns en Maio Solidario con 150.000 kg de alimentos e 49.873 € e en “La Gran Recogida” de FESBAL 96.000 euros e 233.000 quilos de alimentos.
  • Apoiamos máis de 1.700 eventos culturais, musicais, deportivos e de desenvolvemento local.
  • A nosa comunidade dixital crece: compartimos comunidade con 63.833 persoas en Instagram, 192.931 en Facebook e 16.302 en Youtube.

O noso impacto ambiental positivo en 2024

Comprometémonos co planeta e implementamos estratexias que nos permitan minimizar o noso impacto negativo no medio ambiente, fomentando a economía circular como piar fundamental na nosa estratexia de sustentabilidade. Algunhas das accións que implementamos en 2024:

  • Renovamos o prestixioso selo internacional “De residuos a recursos: zero a vertedoiro” que valida o noso sistema de revalorización de residuos co que conseguimos dar unha nova vida útil a aproximadamente o 98% dos residuos xerados en 2024.
  • Capacidade loxística e eficiencia operativa: implantamos un control integral de distribución que permite optimizar e axilizar os desprazamentos cunha frota de máis de 240 vehículos, 2 centros loxísticos e 2 plataformas de compra e distribución de peixe.
  • Loxística inversa: co noso sistema interno de clasificación e reciclaxe de envases e embalaxes en 2024 reciclamos 9.109 toneladas de residuos, reintroduciéndolos na cadea de valor.
  • Envases reutilizables: utilizamos caixas reutilizables para enviar a mercadoría, incrementando un 62% as cifras do ano anterior ata alcanzar os 7,78 millóns de movementos en 2024.
  • Continuamos a nosa colaboración coa Alianza Galega polo Clima.
  • Implementamos medidas para mitigar o cambio climático e conseguir a eficiencia enerxética: tecnoloxías de autoconsumo e instalacións fotovoltáicas, luminarias LED, mellora do illamento térmico e acústico dos centros…
  • Ofrecemos alternativas de consumo sostible: opcións a granel, compra directa en mostrador, variedade de envases sostibles (bolsas de papel reciclado, biodegradables e reciclables), descontos en produtos próximos á data de consumo preferente e doazóns de produto para evitar o desperdicio alimentario.

A publicación da Memoria corporativa de 2024 é un exercicio de transparencia e honestidade, que abre un foco á nosa estratexia de negocio interna e pon en valor a todas as partes que sosteñen Gadis. Este ano foi de récord en cifras e tamén de impacto, na nosa estratexia a futuro, queremos seguir crecendo de forma sostible e desde o local, acompañando ás comunidades que nos rodean.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha