Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

O noso compromiso nas accións de 2025

7 MAIO, 2025

Imagen Noticia O noso compromiso nas accións de 2025

Un ano máis, seguimos poñendo o foco na innovación, a mellora continua e o diálogo co territorio. Gadis é unha empresa punteira en distribución alimentaria e caracterízase pola ampla oferta de produtos frescos de orixe local, mantendo a nosa aposta pola sostibilidade e o coidado do medioambiente, así como o noso compromiso coas iniciativas locais e as organizacións do terceiro sector.

Durante os primeiros meses de 2025, impulsamos varias accións e seguimos apoiando distintos proxectos a través de diversas colaboracións. O noso modelo de negocio destaca por unha sólida estratexia de Responsabilidade Social coa que buscamos un impacto positivo nas comunidades locais e nas iniciativas de proximidade.

Por que nos comprometemos con entidades do terceiro sector e iniciativas de proximidade?

Porque a marca Gadis non se entende sen o seu impacto positivo na contorna e porque sabemos que unha comunidade activa, motivada, creativa e con posibilidades xera unha sociedade sa e feliz, na que o benestar se sitúa no centro e onde as posibilidades son infinitas. Queremos ser parte activa da nosa comunidade, máis aló dos nosos supermercados. Interésanos estreitar lazos con organizacións coas que compartimos valores e visión, xerando alianzas a longo prazo que nos permitan alcanzar un impacto positivo real.

Que accións activamos no primeiro trimestre de 2025?

Ao longo destes primeiros meses do ano, puxemos en marcha distintas accións:

  • Gadis coas ONG. Celebramos a quinta edición deste foro anual. Un espazo de aprendizaxe que serve de altofalante para diversas asociacións e ONG e pon en valor o seu impacto positivo. Este ano, baixo o lema “O deporte como ferramenta de integración”, as entidades protagonistas visibilizaron a súa aposta polo deporte desde unha visión inclusiva, contribuíndo a mostrar o noso compromiso cun estilo de vida activo, saudable e cooperativo.
  • Moito que contar. Por segundo ano, impulsamos esta campaña que ten como obxectivo poñer en valor produtos frescos, saudables e sostibles. A iniciativa consiste na publicación de vídeos que contan a historia dalgúns dos produtos das nosas empresas provedoras en Galicia e Castela e León.
  • Colaboración coa Fundación ONCE na inserción laboral de persoas con discapacidade a través do Convenio Inserta, coa que promovemos a contratación de polo menos 15 persoas con discapacidade na nosa empresa nun prazo de tres anos. Adherímonos ao Foro Inserta Responsable, unha plataforma de Fundación ONCE que fomenta o intercambio de experiencias, boas prácticas e ferramentas de innovación social entre empresas comprometidas coa inclusión do talento con discapacidade.
  • Certame “O mellor cociñeiro galego de 2025”. O 23 de marzo celebrouse o showcooking cos cinco cociñeiros finalistas, cuxo premio pon en valor o compromiso dos chefs coa sostibilidade e o produto local e de proximidade. Tamén participamos no Forum Gastronómico coa instalación dun photocall con sorteos e premios económicos.
  • Carreiras populares. A partir do mes de marzo comeza a tempada de carreiras populares, eventos que apoiamos como parte do noso compromiso cos hábitos de vida saudables e o deporte inclusivo. En 2024 colaboramos nun total de 30 eventos e esperamos superar esa cifra en 2025. Activamos o contador sumándonos á 12ª edición do circuíto Coruña Corre, ao circuíto Correndo pola Costa da Morte e Correndo por Ourense.

  • A compra da túa vida. Durante a cuarta edición desta campaña solidaria da Asociación Española contra o Cancro (AECC) celebrada o pasado febreiro, a nosa clientela achegou 34.149 € nos 222 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León participantes. A contribución total alcanzada nas catro edicións celebradas ata a data ascende a 80.000 €.
  • Renovación do selo “De Residuos A Recursos: Zero A Vertedoiro”. A principios de 2025 renovamos este prestixioso selo internacional outorgado por Saica Natur, que certifica o bo facer do noso modelo de negocio. Estamos máis preto de alcanzar o obxectivo cero residuos na nosa sede central, coa reutilización de case o 98% dos residuos que xeramos. Seguimos impulsando un modelo de negocio sostible para favorecer o crecemento socioeconómico da contorna en equilibrio co medio ambiente, cunha estratexia que se sustenta sobre a xestión responsable dos recursos, a loxística inversa e eficiente, o apoio aos provedores e provedoras locais e a eficiencia enerxética.
  • Apertura dunha nova plataforma de peixe no Porto da Coruña para fortalecer o noso compromiso co produto local, fresco e de proximidade. O deseño da nave de 4.066 m2 segue altos estándares de sustentabilidade ambiental e favorece a optimización loxística.

O impacto positivo das alianzas

En Gadis sabemos que as alianzas son un factor clave para a aprendizaxe, a innovación e o desenvolvemento social das comunidades. É por isto que activamos diversas colaboracións ao longo do ano co obxectivo de escoitalas e conseguir un impacto real na contorna. O noso modelo de negocio e a nosa estratexia de Responsabilidade Social inclúen un compromiso sólido con organizacións do terceiro sector, proxectos solidarios e iniciativas culturais e deportivas, superando as 2.300 accións de apoio directo á comunidade cada ano.



Estas accións contribúen á consecución de diversos ODS (ODS 3, ODS 4, ODS 5, ODS 10), pero cabe destacar o noso compromiso co ODS 17. Alianzas para lograr os obxectivos, como guía para o noso compromiso coas organizacións e iniciativas da nosa contorna.



OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha