O impacto ambiental de Gadis
15 OUTUBRO, 2025
As accións vinculadas á sostibilidade ambiental constitúen un dos piares fundamentais do noso modelo de negocio, e queremos compartir algunhas das que levamos a cabo ao longo de 2024. En Gadisa comprometémonos coa sostibilidade ambiental a través de medidas eficientes, buscando a redución de residuos e a utilización de enerxías máis limpas, así como a mellora dos nosos procesos loxísticos.
Retos globais con estratexias locais
Desde Gadisa atendemos aos estudos e recomendacións das institucións internacionais en materia de sostibilidade. Apostamos por unha resposta local aos retos globais, comprometéndonos coa contorna e coas persoas para mitigar o efecto do cambio climático e contribuír a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. Por iso, en 2005 asumimos os compromisos do Pacto Mundial das Nacións Unidas e traballamos para integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de forma transversal en todas as nosas áreas de negocio.
Economía circular como modelo de negocio
A economía circular é, desde hai anos, unha das claves do modelo de negocio de Gadisa. Traballamos para eliminar os residuos das nosas plantas, dándolles unha nova vida e introducíndoos na cadea de valor. Ademais, situamos a loxística inversa no centro da nosa estratexia.
Por terceiro ano consecutivo renovamos o prestixioso selo internacional “De residuos a recursos: zero a vertedeiro”. Recibir este recoñecemento do Grupo Saica certifica que o sistema de revalorización de residuos da planta conseguiu dar unha nova vida útil a aproximadamente o 98% dos residuos xerados en 2024.
A isto sumamos, tanto nas nosas instalacións como nos nosos supermercados, outras accións que inclúen:
- Xestión de residuos e reciclaxe: en 2024, no noso sistema interno de clasificación e reciclaxe de envases e embalaxes reciclamos un total de 9.109 toneladas de residuos, reintroducíndoos na nosa cadea de valor.
- Control de stock: evitamos o desperdicio optimizando a subministración grazas a unha serie de medidas de aprovisionamento eficiente e unha xestión eficaz de pedidos e existencias.
- Capacidade loxística e eficiencia operativa: contamos cun control integral de distribución que facilita a optimización e a axilidade nas entregas, con centros de distribución estratexicamente situados, que nos permiten abastecer os nosos supermercados de maneira áxil e eficiente. Contamos cunha frota propia de máis de 240 vehículos, 2 centros loxísticos e 2 plataformas de compra e distribución de peixe. Tamén utilizamos "pool de palets" como estratexia para unha loxística máis eficiente a través dunha xestión compartida de palets.
- Alternativas de consumo sostible: compra directa en mostrador, amplia selección de productos a granel e ecolóxicos, variedade de envases con opcións sostibles como bolsas de papel reciclado, biodegradables e reciclables, descontos en produtos próximos á data de consumo preferente e doazóns de produto para evitar o desperdicio alimentario.
- Comprometémonos coa reciclaxe: máis aló das nosas plantas, ofrecemos a nosa clientela illas de reciclaxe e recollida de cápsulas de café en colaboración co Círculo RECICAP.
- Envases reutilizables: utilizamos caixas reutilizables para os desprazamentos de mercadoría. En 2024, incrementamos un 62% as cifras do ano anterior e alcanzamos os 7,78 millóns de movementos.
-min1760605394941.jpg)
Medidas para mitigar o cambio climático e conseguir a eficiencia enerxética
En Gadis esforzámonos para lograr diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro e comprometémonos no uso das enerxías renovables e a eficiencia enerxética. Para conseguir estes obxectivos levamos a cabo diferentes accións:
- Investimento en tecnoloxías de autoconsumo e instalacións fotovoltáicas.
- Utilización de luminarias LED e aproveitamento da luz natural.
- Instalación de sensores de presenza para portas e iluminación.
- Sistemas de refrixeración.
- Mellora do illamento térmico e acústico dos centros.
- Monitorización dos consumos das tendas e auditorías cada 4 anos.
Á súa vez, colaboramos coa Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa da Xunta de Galicia que fomenta a cooperación entre entidades para promover un mercado circular, de pegada de carbono neutra e aliñado cos ODS e a Axenda 2030.
Cifras sostibles de 2024
- Démoslle unha nova vida útil ao 98% dos residuos xerados no noso principal centro loxístico.
- Conseguimos reciclar 9.109 toneladas de residuos, reintroduciéndolos na nosa cadea de valor.
- Reciclamos 794,66 tn de plástico.
- Utilizamos 8.190,08 tn de cartón reciclado.
- Reintroducimos 124,31 tn de madeira reciclada.
- Rexistramos 7.781.858 movementos de caixas de plástico reutilizables.
O impacto positivo da sustentabilidade ambiental
A sostibilidade ambiental constitúe un dos piares esenciais do modelo de negocio de Gadisa. Comprometémonos coa economía circular, o uso de enerxías renovables e a valorización de residuos como elementos centrais na nosa estratexia empresarial.
Con estas medidas achegámonos a algunhas das metas dos ODS 7. Enerxía alcanzable e non contaminante, ODS 9. Industria, innovación e infraestrutura, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 13. Acción polo clima e ODS 14. Vida submarina.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra