O DEPORTE COMO MOTOR DE CAMBIO SOCIAL, NO 5º FORO GADIS COAS ONG
21 MARZO, 2025
O evento busca fomentar a colaboración entre a empresa e asociacións para que, desde o diálogo e o intercambio de experiencias persoais e colectivas, continuemos achegando respostas aos retos que expón a sociedade actual. Nesta edición, volvemos a reunir a máis de 200 representantes de organizacións de Galicia e Castela e León ás que prestamos apoio. O encontro desenvolveuse en formato mixto: en liña e presencial, no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) de Oleiros (A Coruña).
A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, explicou que o noso compromiso co deporte como ferramenta para a integración parte do propósito de aumentar o impacto positivo na contorna. Apoiando proxectos e a entidades que traballan neste ámbito estamos a contribuír a derrubar barreiras e a conectar persoas con diferentes capacidades, orixes e condicións socioeconómicas, fomentando a igualdade de oportunidades, o desenvolvemento persoal e a inclusión social de diversos colectivos.
Tres charlas e unha mesa redonda
A Fundación Emalcsa, representada pola subdirectora xerente Bettina Kohlhaas, detallou as actividades que desenvolven no seu Programa de Deporte Solidario e Inclusivo, coa colaboración de Gadis. O obxectivo é impulsar a plena integración de persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social mediante a práctica de actividade física e a cultura.
A continuación, tomaron a palabra representantes de dúas entidades que cooperan coa Fundación Emalcsa a través do citado programa. Juan Hernández, en nome da Escola de Tenis Marineda, falou sobre o proxecto “Todos ao tenis e ao pádel”, que fomenta a igualdade de oportunidades e a integración a través do deporte.
Por parte da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña, o seu presidente, Santiago Togores, profundou no plan que lles permite realizar actividades de equitación adaptada e natación, entre outras modalidades, para diferentes entidades de atención a persoas con discapacidade.
A carreira pola diversidade de Ambar
José Ramón Figueroa, responsable da área de Deportes Asociación Ambar, participou nun diálogo sobre a Carreira pola Diversidade que organiza a institución co noso apoio. Esta iniciativa ten o propósito de visibilizar e promover a inclusión real e efectiva das persoas con diversidade funcional e fomentar valores como a participación, a convivencia e a accesibilidade de todas as persoas.
Experiencia persoal: Desirée Vila
O emotivo relato da deportista paralímpica galega Desirée Vila puxo o punto e final á xornada. Unha historia persoal marcada polo seu futuro prometedor como ximnasta truncado por unha neglixencia médica. Todo un exemplo de superación que agora cultiva éxitos no deporte adaptado e que ten como lema que “O único incurable son as ganas de vivir”.
OUTRAS INICIATIVAS
Agricultura rexenerativa. Os produtos que cuidan o cha...
Agricultura rexenerativa. Os produtos que cuidan o chan.
Calendario de tempada: que comer no outono.
Calendario de tempada: que comer no outono.
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación