Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Novo ano de propósitos: compromisos ESG de Gadis

7 XANEIRO, 2026

Imagen Noticia Novo ano de propósitos: compromisos ESG de Gadis

Hai xa uns días que comezou 2026 e, con case 12 meses por diante, en Gadis marcámonos uns propósitos esixentes á vez que realistas en materia de ESG. Cando falamos de ESG referímonos a un conxunto de estándares que se utilizan para medir e avaliar o impacto dunha compañía en tres áreas clave: ambiental, social e gobernanza.

En 2025 volvemos estar presentes na Clasificación Merco como unha das empresas do noso sector máis responsables en materia de ESG a nivel estatal, sendo a única compañía galega nesta selección. Este recoñecemento confirma o noso compromiso coa sostibilidade, a ética empresarial e o impacto positivo que xeramos na sociedade e na contorna, que queremos reforzar ao longo de 2026.

En Gadis establecemos os nosos propósitos máis aló dos resultados financeiros, xa que consideramos de forma específica como podemos contribuír ao benestar social e ambiental, deseñando un programa sólido e punteiro de Responsabilidade Social Corporativa, que atende de xeito transversal aos nosos compromisos en materia de ESG.

Sostibilidade económica, social e ambiental en Gadis

No desenvolvemento da nosa actividade, atendemos á tripla materialidade para avaliar os riscos e as oportunidades vinculadas á sostibilidade económica, social e ambiental. Así, podemos tomar decisións informadas, que teñen en conta diferentes criterios que afectan tanto á nosa clientela como ao noso negocio e persoas traballadoras, potenciando os resultados e o impacto positivo.

Sostibilidade económica

Apostamos por unha estrutura de goberno robusta que constrúa un vínculo próximo cos grupos de interese, que reforce a confianza na compañía e que priorice un impacto positivo nas comunidades nas que operamos. Así, fomentamos a transparencia, a ética, o cumprimento normativo, a escoita activa e as boas prácticas de goberno para xerar un ambiente laboral que aposte pola innovación e a prevención de riscos laborais. Contribuímos á dinamización económica da nosa contorna xerando emprego estable. Contamos con case nove mil persoas no noso persoal e apoiamos as relacións a longo prazo cos provedores e provedoras locais, que superan os dous mil, pertencendo case un milleiro ao sector da alimentación.

O noso Código ético recolle diferentes normas que priorizan un modelo de conduta para todas as persoas que traballan para e con Gadis. Queremos mellorar o benestar das persoas de forma sostible e ética, para ser a empresa de retail preferida polas persoas traballadoras e a clientela. Valores como a proximidade, a calidade, a sostibilidade ambiental, a transparencia na xestión, a mellora continua, o cumprimento normativo, a innovación ou a creación de riqueza en condicións dignas constrúen a nosa estratexia de negocio.

Sostibilidade ambiental

O compromiso que asumimos coa sostibilidade ambiental e coa economía circular está presente de xeito transversal en todas as áreas de negocio. Prestamos especial atención ao impacto que temos sobre a contorna con:

  • A implementación de estratexias de loxística inversa e eficiente.
  • A priorización do uso de enerxías renovables.
  • A aposta por relacións a longo prazo con provedores e provedoras locais para minimizar os impactos e contribuír á economía local.
  • A oferta de opcións de embalaxe reutilizable ou respectuosa co medioambiente nos nosos supermercados, así como opcións a granel.
  • O compromiso coa reciclaxe, tanto a nivel interno como coa nosa clientela, instalando illas de reciclaxe nos nosos supermercados.

Pero, sen dúbida, unha das grandes apostas da nosa compañía é a economía circular e a consecución do obxectivo cero residuos na nosa sede central. Un ano máis, renovamos o selo internacional “De Residuos a Recursos: Zero a Vertedoiro, que recoñece o noso sistema de revalorización de residuos que conseguiu darlle unha nova vida ao 98% dos residuos xerados na nosa planta de Piadela, reciclando máis de nove mil toneladas.

Sostibilidade social

En Gadis apostamos por un modelo de negocio que pon ás persoas no centro. Construímos un ambiente laboral que garante a igualdade de oportunidades, a non discriminación, que abraza a diversidade e que prioriza o equilibrio entre a vida laboral e a persoal, xerando oportunidades laborais dignas.

Máis aló do noso persoal, comprometémonos coas comunidades locais a través do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa co que apostamos polo desenvolvemento social, económico, educativo, laboral e deportivo. Cada ano apoiamos máis de 2.400 iniciativas da sociedade civil que contribúen a dinamizar o territorio, xerando unha cohesión social e fomentando unhas comunidades resilientes, unidas e diversas. Con esta liña de traballo, facilitamos que os nosos grupos de interese e as comunidades locais de Galicia e Castela e León poidan cumprir os seus desexos e obxectivos, apostando por construír unha sociedade máis xusta, diversa e inclusiva que garanta a igualdade e que se adapte aos desafíos que están por chegar.



O impacto positivo dos criterios ESG

Situar os criterios ESG como unha prioridade na nosa actividade empresarial convértenos nunha empresa responsable e comprometida co impacto na contorna. Como compañía consciente e implicada con criterios éticos e de sostibilidade, desde hai dúas décadas somos asinantes do Pacto Mundial da ONU. Poñemos a mirada nos retos globais para xerar un impacto positivo nas nosas comunidades locais, así contribuímos á consecución de multitude das metas dos ODS 3, ODS 4, ODS 5, ODS 7, ODS 8, ODS 9, ODS 10, ODS 11, ODS 12, ODS 13 e ODS 17.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha