Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Nova edición de Alimenta a Amizade

1 OUTUBRO, 2025

Imagen Noticia Nova edición de Alimenta a Amizade

Onte daba comezo a campaña Alimenta a Amizade 2025, a iniciativa coa que en Gadis celebramos o Día Mundial dos Animais. Un proxecto que xurdiu en 2019 co obxectivo de concienciar sobre os dereitos dos animais e promover prácticas éticas e responsables. Este ano, 79 protectoras de animais de Galicia e Castela e León participan nesta campaña de recollida de alimentos, artigos de hixiene e achegas económicas para gatos e cans sen fogar en 200 supermercados de Gadis de ambas as comunidades autónomas.

Esta sétima edición levarase a cabo entre o 1 e o 12 de outubro e contará coa presenza de voluntariado das entidades nos nosos supermercados para contribuír á divulgación e concienciación sobre tenencia responsable, fomento da protección animal e prevención contra o abandono.

Gadis coa protección animal

A entrada en vigor da Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais hai dous anos favoreceu a protección animal e a tenencia responsable, prohibindo prácticas crueis e xerando un marco legal para salvagardar o benestar dos animais. A pesar disto, segundo o estudo “El nunca o faría” sobre abandono e adopción de cans e gatos de Fundación Affinity, en 2024, as entidades de protección animal en España recolleron 292.108 animais en situación de abandono. Estas cifras evidencian a problemática que existe no noso país e a necesidade de continuar o labor de educación e concienciación sobre a importancia do traballo que realizan as protectoras de animais.

En Gadis mantemos un compromiso firme con todas aquelas entidades que velan polo benestar dos gatos e cans en situación de abandono nas comunidades nas que operamos. Fomentamos valores como a ética, a responsabilidade ou a convivencia, para construír unha comunidade diversa, sostible e máis amable. Por iso, desde 2019 impulsamos a campaña Alimenta a Amizade e damos espazo a protectoras de Galicia e Castela e León para adquirir recursos (alimentarios e de hixiene) que faciliten o coidado dos animais que teñen ao seu cargo, á vez que colaboramos na divulgación de prácticas responsables.

Como podo contribuír?

Para colaborar coa campaña Alimenta a Amizade 2025, só tes que realizar unha doazón de produtos (alimentos ou artigos de hixiene) nos espazos habilitados para iso nos nosos supermercados. Tamén podes contribuír realizando unha doazón económica ao pasar por caixa. En moitos dos nosos supermercados haberá equipos de persoas voluntarias das entidades participantes na campaña que vos orientarán sobre as necesidades da súa organización, para que a vosa achega poda dar resposta ao que demanda a súa situación. Así, poderán contarche se traballan só con cans ou só con gatos, por exemplo, e asegurarse de que os produtos doados se adapten ás súas necesidades concretas.

Que entidades participan na campaña?

En total, participan na campaña 79 entidades de protección animal, que desenvolven o seu labor en refuxios, protectoras ou atendendo a colonias felinas. Esta é a listaxe:

A.P.A. ARCA DE NOIA

A.P.A. ENTRE PERROS Y GATOS

A.P.A. MAREA FELINA ARTEIXO

AECAM ASOCIACIÓN EDUCATIVA Y CULTURAL ANIMALES DEL MUNDO

A.P.A. PELUDINES SIN SUERTE

ARCO DA VELLA

ASOCIACIÓN AGALLAS

ASOCIACIÓN AMIGOS DA CANCEIRA DE POIO

ASOCIACIÓN AMIGOS PELUDOS DE TEO

ASOCIACIÓN ANIMALISTA ANAJATA

ASOCIACIÓN ASISTENCIAL DE PROTECCIÓN DE ANIMALES DE FOZ

ASOCIACIÓN ASISTENCIAL PROTECTORA DE ANIMAIS BIGOTES-BURELA

ASOCIACIÓN CALLEJERITOS DE CIUDAD

ASOCIACIÓN COLONIAS CANGUESAS

ASOCIACION COMETA

ASOCIACIÓN CONEXIÓN FELINA

ASOCIACIÓN CORUÑA GATUNA

ASOCIACIÓN DE ACOLLIDA E ADOPCIÓN DE CANS OS PALLEIROS

ASOCIACIÓN DE GESTORES DE COLONIAS FELINAS DE SEGOVIA (GESCOFES)

ASOCIACIÓN DEFENSA ANIMAL PALENTINA

ASOCIACIÓN HUELLAS FELINAS

ASOCIACIÓN HUELLITAS DEL ESLA

ASOCIACIÓN MIAU LEMOS

ASOCIACIÓN MICOS E NÓS

ASOCIACIÓN MIQUIÑOS

ASOCIACIÓN PATRULLA CALLEJERA

ASOCIACIÓN PELUDIÑ@S SEN FOGAR NEGREIRA

ASOCIACIÓN POLA PROTECCIÓN ANIMAL ABEIRO

ASOCIACIÓN POR LA PROTECCIÓN ANIMAL ARGO

ASOCIACIÓN POR LA PROTECCIÓN ANIMAL HUELLAS DE SARRIA

ASOCIACIÓN PROTECTORA BIGOTES COLONIAS DE GATOS DE LALÍN

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS ARUME

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS DIFUSIÓN FELINA PONTEVEDRA

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMÁIS OS BIOSBARDOS

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES ADOPCIONES GALICIA

ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMALES ARGOS-LEON

ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMALES DE VILAGARCIA DE AROUSA

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES PROYECTO GATO

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES SOS PELINES

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS DE LEÓN

ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES: PROGAPE OURENSE

ASOCIACIÓN PROTECTORA GATOS DA RÚA MICHOS DE LUGO

ASOCIACIÓN PROTECTORA PIEDRAS BLANCAS DE LACIANA

ASOCIACIÓN SALMANTINA PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS (ASPAP)

ASOCIACIÓN VALLADOLID FELINA

ASOCIACIÓN VIDAS CALLEJERAS

AYUDA ALIMENTARIA ANIMALISTA

CALLEJEROS BARBANZA

CANCORUÑA ASOCIACIÓN CANINA

CASTEGATOS

COLONIA FELINA FERROLVELLO

COLONIA FELINA THE HOUSE

COLONIAS FELINAS MEDINA DEL CAMPO

CRISTINA'S FURBABIES

DEJEMOS HUELLA

EL HOGAR DEL GATO

FELINOS FELICES

FOGAR PELUDOS

FUNDACION LUNA PARA LA PROTECCIÓN DE ANIMALES

FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS

GATIÑOS DA RÚA VIGO

GATO PIRATA COMITÉ PRO ANIMAL A MARIÑA

GATOCAN OROSO

HUELLAS PROTECTORA DE ANIMALES DE ÁVILA

LA VICTORIA DE LOS GATOS

PATITAS CALLEJERAS VALLADOLID

PRO ANIMALES VERÍN

PROCAN HOGAR PARA UN AMIGO

PROPATAS PROTECTORA DE ANIMALES

PROTECTORA DE ANIMALES BAI.SENPULGAS

PROTECTORA MOURA

REFUGIO CAMBADOS

REFUGIO DE BECERREÁ

RESPETA-RESCATA, PROTEGE Y ADOPTA

SIEMPRE FIEL PROTECTORA

SOCIEDAD PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS DE LUGO

VIBRISAS

VILLA PEIXIÑO

O impacto positivo de Alimenta a Amizade



A realidade das entidades de protección animal é a miúdo precaria e inestable. A maioría das persoas que colaboran con estas organizacións fano de forma voluntaria. É por iso que en Gadis somos conscientes de que cada quilo ou euro doado ten un gran significado. Por sétimo ano consecutivo, apostamos por Alimenta a Amizade para achegar recursos e visibilidade ás 79 entidades participantes. A colaboración da nosa clientela é imprescindible e permítenos dotar de produtos de alimentación e hixiene ás protectoras e aos animais que teñen ao seu cargo.

En 2024, recadáronse máis de 80.727 quilos de produtos de alimentación e hixiene. O noso desexo para esta edición é continuar achegando recursos ás protectoras, contribuíndo a xerar certa estabilidade para que poidan seguir desenvolvendo o seu traballo ao longo de todo o ano.

O noso compromiso co benestar animal a través da campaña Alimenta a Amizade 2025 achéganos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha