Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Mulleres dos mares de Gadis

22 MAIO, 2025

Imagen Noticia Mulleres dos mares de Gadis

Celebramos o II Mulleres dos Mares, un proxecto que ten como obxectivo pór en valor e visibilizar o traballo das mulleres no sector marítimo. Desde Gadis compartimos visión coa Red Española de Mujeres no Sector Pesqueiro e contribuímos á sensibilización da sociedade en materia de igualdade de xénero e oportunidades profesionais para as mulleres de forma particular, no sector marítimo e pesqueiro.

As empresas provedoras locais son un dos eixos centrais do noso modelo de negocio. Grazas a traballar con elas, podemos ofrecer á nosa clientela un produto fresco, con menor impacto no medio ambiente mentres contribuímos ao desenvolvemento social e económico da nosa contorna.

Sen dúbida a nosa sección de peixaría, cunha ampla selección de peixe e marisco fresco, é un dos grandes reclamos para a nosa clientela. Un recente estudo da OCU sitúanos como a cadea galega de supermercados favorita para comprar peixe e a única de Galicia coas súas peixarías entre as 10 mellores de España.

II Mulleres dos Mares de Gadis

Tras o éxito da edición de 2024, o venres 23 de maio, celebramos as II Mulleres dos Mares no Museo do Mar de Galicia en Vigo. O evento, de carácter íntimo, foi unha oportunidade para pór en valor ás profesionais do sector marítimo e pesqueiro, compartindo momentos de reflexión, aprendizaxe e historias de vida que nos inspiraron. Ao longo da mañá empapámonos de diferentes relatos e realidades destas mulleres co obxectivo de xerar un espazo de intercambio e sinerxias.

O evento comezou coa intervención de Melisa Pagliaro Fernández, directora de Marketing e RSC de GADISA retail que destacou o compromiso da empresa coa sustentabilidade e coa posta en valor das mulleres entre as súas provedoras. Unha das apostas de Gadis é o apoio aos provedores e provedoras de proximidade, entre as que se atopan as mulleres protagonistas de Mulleres dos Mares.

A continuación gozamos dunha entrevista en profundidade con Pilar Estévez, armadora e xerente de Ventas Recaré. A súa historia persoal é un reflexo do compromiso e a resiliencia que esixe o sector pesqueiro. Aínda que se formou como pedagoga e chegou a abrir o seu propio gabinete psicopedagóxico, a enfermidade do seu pai levouna a incorporarse progresivamente á empresa familiar, unha dedicación que —como ela mesma compartiu— require estar presente case as 24 horas do día. Pilar trasladou á audiencia a intensidade do seu día a día: a revisión de barcos, o trato con patróns, e a supervisión da calidade do peixe que chega ao porto de Vigo, onde se expón e se vende. Subliñou os desafíos adicionais de ser muller nun sector tradicionalmente masculino, onde o liderado feminino aínda debe xustificarse e onde a conciliación familiar resulta especialmente complexa pola natureza do traballo. Un dos grandes retos que identificou para o futuro do sector —e no que xa se están dando pasos— é a transformación dixital do porto, das descargas e dos procesos de venda. Unha aposta estratéxica que busca mellorar a competitividade e, á vez, facilitar unha maior conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.

Outras das protagonistas reais destas II Mulleres dos Mares foron as catro participantes da mesa redonda, onde se compartiron testemuños, experiencias no sector da industria pesqueira e os vídeos que elaboramos coas nosas protagonistas. Con nomes propios, elas foron, Manuela Gómez, Marketing and Business Development Manager de Stolt Sea Farm, Mercedes Mangana, directora nacional de vendas de conservas Palacio de Oriente, María Agrelo, Xerente Pescados Blas Paradela e Verónica Canosa, directora técnica de Frigoríficos de Camariñas, unha selección de provedoras locais coas que traballamos de forma conxunta para achegar o mellor produto á nosa clientela. As súas historias de vida, os seus relatos profesionais e sobre todo a súa paixón polo sector marítimo e pesqueiro, contribuíron a evidenciar a importancia e subliñar a potencia que ten o traballo de todas estas mulleres nesta industria. Destacouse a evolución do sector cara unha maior igualdade laboral e unha mellor conciliación da vida persoal, familiar e profesional, tanto a nivel nacional como internacional. A pesar das diferenzas culturais ou estruturais, os retos son similares en todo o mundo, tamén no caso das empresas familiares, onde moitas veces se aprende o oficio desde a base e de xeración en xeración.

O impacto positivo de pór en valor o traballo das mulleres

Mulleres dos Mares, está concibido como espazo onde pór en valor o imprescindible traballo que levan a cabo as mulleres no sector marítimo e pesqueiro, tanto nos niveis operativos como en posicións directivas e de liderado. Esta segunda edición reafirmou a potencialidade que ten esta iniciativa como espazo de encontro, intercambio e creación de redes profesionais.



Desde Gadis sabemos que ser parte activa da nosa contorna e colaborar coa nosa comunidade posiciónanos como organización con capacidade de innovar, contribuír ao benestar do noso medio ambiente e achegar ao desenvolvemento económico e social do noso contexto. Mulleres dos Mares permítenos continuar traballando cara á consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria, rompendo a fenda de xénero e visibilizando o valor do traballo de todas estas mulleres. Así, contribuímos tamén á consecución do ODS 5. Igualdade de xénero, o ODS 8. Traballo decente e crecemento económico e o ODS 17. Alianzas para lograr os obxectivos.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha