Microrrelatos Gadis, historias que conmoven
22 ABRIL, 2026
Sabías que o Día internacional do libro e do dereito de autor foi creado pola UNESCO en 1995 a proposta do goberno de España? Co obxectivo de celebrar a cultura e o coñecemento, elixiuse o 23 de abril para rememorar o falecemento de dous grandes autores da literatura universal: Cervantes e Shakespeare. Aínda que, en realidade, as súas mortes non coincidiron o mesmo día, xa que a do español produciuse un día antes pero non se rexistrou ata o día seguinte, e a do británico foi o 23 de abril do calendario xuliano, que se corresponde co 3 de maio no gregoriano.
1776950973856.jpg)
No noso país, esta data xa se conmemoraba desde o ano 1930 e o Día do libro existía desde 1926, pero con distinta data. Por tanto, este ano cúmprese o centenario da primeira Festa do Libro en España. Esta efemérides adóitase celebrar coa organización de talleres, conferencias, exposicións e outras actividades que buscan fomentar a lectura, conmemorar a escritoras e escritores e protexer o dereito de autoría. En Gadis, somos conscientes da importancia que teñen os libros na nosa vida, desde acompañarnos no desenvolvemento académico ata facernos viaxar a lugares afastados ou de fantasía, reducindo o ruído externo e permitíndonos momentos de evasión, pero tamén de reflexión e crítica. Por iso, promovemos a literatura como un dos nosos piares de apoio á cultura local no marco do noso programa de Responsabilidade Social.
MICRORRELATOS GADIS
No ano 2020 creamos o primeiro concurso de Microrrelatos de Gadis para celebrar a escritura cun certame inclusivo para todas as idades e todos os xéneros literarios. Seguindo unha liña temática cada ano, o obxectivo é crear unha publicación composta polos microrrelatos de entre tres e cen palabras seleccionados en cada edición. Cada ano, un xurado escolle tres relatos gañadores, valorando, entre outras cuestións, a súa orixinalidade, creatividade, sensibilidade e capacidade de síntese.
Desde o ano 2020, publicamos máis de 70.000 exemplares de libros de peto con máis de 500 relatos finalistas e/o gañadores nas seis edicións que levamos de concurso. Ao longo destes anos, recibimos máis de 10.000 textos inéditos en galego e castelán, cumprindo un dos nosos principais obxectivos, fomentar a imaxinación das persoas participantes.
1776951003105.jpg)
Na última edición —a VI de Microrrelatos Gadis—, o fío condutor foi o destino, e o primeiro premio levouno O remitente, un relato breve e escuro cuxo protagonista non logra escapar dunha ameaza constante, deixando un final aberto e inquietante. O segundo premio foi para Un remate que deixe marca e non saia voando, un minitexto tenro á vez que reflexivo no que unha nena fálalle directamente ao narrador cunha mestura doce e amarga como a vida mesma. O terceiro premio obtívoo Caldo 3 veces o día, que é un relato costumista que emprega o caldo como símbolo do fogar, do traballo, da recompensa e do destino. Tres historias dispares, contundentes e con gancho que deixan pouso en quen as le e alivian a alma artística das persoas autoras. Alén dos tres gañadores, o libro de 2025 conta con 87 relatos finalistas, que podes ler neste Día do libro a través da seguinte ligazón.
O impacto positivo dos microrrelatos
O apoio á cultura foi sempre un dos eixos do programa de Responsabilidade Social de Gadis como motor social e dinamizador territorial.
1776951033113.png)
Este compromiso materialízase nun gran número de colaboracións que se manteñen no tempo en distintos sectores como a música, a literatura ou a creación audiovisual. Promovemos a literatura con iniciativas concretas como a conmemoración do Día das Letras Galegas, para o que adoitamos poñer en marcha accións disruptivas nas principais localidades de Galicia, e o Concurso de Microrrelatos para a nosa clientela de Galicia e Castela e León. Ademais, apostamos pola difusión da creación audiovisual en encontros como a Semana Internacional de Cine de Valladolid (SEMINCI), o Festival de Cans (O Porriño) ou o Festival de Cine Internacional de Tui, Play Doc.
Co Concurso de Microrrelatos, queremos fomentar a creación literaria entre a nosa clientela e o resto de persoas da contorna. Ademais, coa publicación das obras, en papel e en formato dixital, fomentamos a lectura entre as diferentes persoas que nos visitan.
1776951367056.png)
Desde a primeira convocatoria, este proxecto converteuse nunha de iniciativa que nos enche de orgullo. A través dos microrrelatos, damos renda solta á creatividade literaria do noso talento local e deixamos pegada en miles de fogares, traballando no fomento da lectura como hábito de vida saudable.
Esta liña de acción reforza o noso compromiso co ODS 4. Educación de calidade e o ODS 10. Redución das desigualdades.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra