Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Memoria e cociña: sabores que unen xeracións

17 SETEMBRO, 2025

Imagen Noticia Memoria e cociña: sabores que unen xeracións

O próximo 21 de setembro conmemórase o Día Internacional do Alzheimer, unha data que ten como obxectivo concienciar á poboación sobre a realidade desta enfermidade neurodexenerativa. Esta conmemoración iniciouse en 1994 da man da Federación Internacional de Alzheimer (ADI) e co respaldo da Organización Mundial da Saúde (OMS).

O aumento na esperanza de vida provocou o incremento de casos de enfermidades como o Alzheimer, que non eran tan habituais cando as persoas falecían máis novas. Esta realidade implica que as comunidades deben contemplar tamén esta casuística para ser máis inclusivas. É importante, pois, coñecer os síntomas, o tratamento e as medidas de prevención desta enfermidade para enfrontar os retos e poder adaptarnos ás necesidades de quen sofre perdas de memoria.

Un modelo de negocio centrado nas personas

Desde Gadis, impulsamos un modelo de negocio no que as persoas se sitúan no centro. Como empresa de distribución alimentaria, traballamos moi preto das familias e as persoas da nosa contorna, fomentando que poidan ter unha vida saudable e accesible e escoitando as súas necesidades.

Canalizamos os nosos esforzos a través de diferentes iniciativas vinculadas á conciliación laboral e ao apoio ao tecido social das comunidades nas que operamos. Por unha banda, ofrecemos ao noso persoal horarios adaptados ás súas necesidades de conciliación. En 2024, 594 persoas traballadoras acolléronse a esta medida. Por outra banda, comprometémonos coa nosa comunidade local, participando en iniciativas solidarias, coa doazón de alimentos e o apoio directo a iniciativas socioculturais. En concreto, en temas relacionados con enfermidades neurodexenerativas, colaboramos con dous proxectos que se centran na atención á memoria na terceira idade e como a cociña pode contribuír de forma positiva ao benestar de pacientes e familias: os programas “Os sentidos da memoria”, en colaboración con FAGAL, e “Cociña +60. Receitas de vida” impulsado por Grupo NOVE.

“Os sentidos da memoria” un proxecto en colaboración con FAGAL

O Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa que xera un gran impacto na vida das persoas que o padecen, pero tamén na vida das súas familias e amizades. En Gadis sumámonos á Federación Galega de Alzheimer (FAGAL) no proxecto “Os sentidos da memoria”. Trátase dunha iniciativa que pon en valor as terapias non farmacolóxicas, concretamente aquelas relacionadas coa gastronomía, no tratamento de persoas con Alzheimer ou algún tipo de demencia. As accións promoven a estimulación sensorial e propician a aparición dunha conexión significativa coa contorna, conectando aos pacientes con recordos, emocións e respostas motoras aprendidas previamente.

Este proxecto conta coa colaboración do prestixioso colectivo de chefs Grupo NOVE, que traballou coas 15 asociacións de FAGAL para elaborar 27 receitas deseñadas, preparadas e executadas xunto a persoas con demencia. Ademais da propia experiencia das persoas participantes e os chefs, tamén se editou un receitario solidario que inclúe receitas típicas de cada localidade e historias de reminiscencia das persoas usuarias, así como unha reportaxe documental do proxecto.

“Os sentidos da memoria” promove a inclusión social de persoas con demencia e Alzheimer, á vez que reforza a súa autoestima e o sentido de pertenza. Por outro parte, o proxecto contribúe a difundir a cociña tradicional, as relacións interxeracionais, e fomenta o comercio de proximidade e a alimentación saudable.

“Cociña +60. Recetas de vida” xunto a Grupo NOVE

Xunto a Grupo NOVE, FAMYC e Afundación, Gadis colaborou no proxecto “Cociña +60. Receitas de vida”. Esta proposta gastronómica e formativa sucedeu en espazos de Afundación de oito cidades galegas e contou coa participación de máis de 200 persoas maiores. A iniciativa, que se estruturou en forma de obradoiro de cociña, pretendía fomentar unha alimentación saudable, promover hábitos responsables e crear espazos de aprendizaxe e desfrute. Os obradoiros ofreceron coñecementos prácticos da man de cociñeiros e cociñeiras galegas de gran prestixio, fortalecendo tamén o vínculo de comunidades de persoas maiores, fomentando a súa independencia e mellorando a súa autoestima.

O impacto positivo de promover unha sociedade máis inclusiva

A gastronomía sempre foi un punto de encontro entre xeracións, ben a través de comidas familiares ou de eventos con amizades, ben transmitindo a arte de cociñar e as receitas máis clásicas de xeración en xeración. Nunha sociedade cada vez máis lonxeva, é importante non deixar a ninguén atrás, construír comunidades inclusivas onde todas as persoas teñan o seu propio espazo e acheguen os seus coñecementos.

En Gadis implicámonos coas comunidades nas que operamos, buscamos o xeito de apoialas e engadir valor ao desenvolvemento da sociedade. Como empresa de distribución alimentaria, cremos firmemente no potencial da gastronomía e a cociña como espazo desde o que construír comunidades e desde o que reforzar o sentimento de pertenza e a conexión interxeracional. Por iso, comprometémonos con iniciativas que sitúan a gastronomía e ás persoas no centro, porque sabemos que é capaz de xerar procesos transformadores nas contornas.

Grazas a estes compromisos, achegámonos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha